31 mayo 2023

O CEIP ADR Castelao, centro graduado en Educación Responsable

Desde o 1 ao 22 de xuño podedes ver no Auditorio Municipal de Rianxo unha mostra dos traballos realizados polo noso alumnado durante estes tres últimos anos dentro do programa Educación Responsable da Fundación Botín co que colabora a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 


Educación Responsable, é: educación emocional, social e da creatividade e, como non, a biblioteca escolar formou parte desde o primeiro momento aportando os seus fondos, axudando a organizar actividades, acollendo as mesmas, aportando ideas... 

A biblioteca non é só un espazo é algo máis e podedes ver o froito dese "algo máis" que facemos nesta exposición. 

Non vola perdades! 


30 mayo 2023

A Que Sabe a Lúa

 O curso pasado o alumnado de 6º B creou unha versión de 

                    A Que Sabe a Lúa

en Stopmotion dentro das actividades de Literatura e Creatividade de Educación Responsable da Fundación Botín e coa voráxine de fin de curso non nos demos conta de que non o compartíramos con todos vós. 


A que fixeron un gran traballo?


27 mayo 2023

OBRADOIRO DE ARTE RECICLADA CON AMICOS

 Esta semana recibimos de novo a visita dos nosos amigos da Asociación Amicos. Nesta ocasión viñeron a facer un obradoiro con material reciclado. Mirade o vídeo para descubrir qué animais crearon cun sinxelo tubo de cartón.





LECTURA E FAMILIAS: OBRADOIRO "LIBROS DE FAMILIA"

Este é o próximo obradoiro que teremos o xoves 1 de xuño.


Este é o enlace para anotarvos: OBRADOIRO

Animádevos a participar! 

 

23 mayo 2023

TALLERES ALIMENTACIÓN


 

E a continuación un pequeno vídeo no que podedes vir en que consistiron estes talleres de hábitos saudables e alimentación.





22 mayo 2023

Enquisa sobre a biblio para alumnado


Si estás en 3º, 4º, 5º ou , por favor, cubre esta enquisa. 
A túa opinión é superimportante.
Con ela poderemos mellorar e facer a biblio á túa medida. 



Enquisa sobre a biblio para o profesorado

 Axudanos a mellorar, cubre esta enquisa. Só leva 5 minutiños!



Podes cubrila ata o xoves 1 de xuño. 

Enquisa sobre a biblioteca para as familias.

A opinión de tod@s é importante para mellorar.  

Agradeceríamos que desde hoxe ata o xoves 1 de xuño sacaras 5 minutiños do teu tempo para contestar a esta enquisa.


Grazas por axudarnos!

12 mayo 2023

ACTIVIDADES MES DO LIBRO

 

Durante estas semanas continuamos con actividades de animación á lectura levadas a cabo pola rapazada de 5º e 6º de E. P.

O venres pasado fixemos un Apadriñamento lector de nenos e nenas de 5º A e 6º B cos rapaces e rapazas de 5 anos de E. I. Aproveitando o bo tempo sentáronse nas pistas para gozar do sol e da lectura. 



Ademáis,  Saúl e Pedro de 5° B contáronlles o conto Atrapamiradas aos compañeiros de 3 anos de E. I. Tamén Valeria e Daniela se animaron a contarlles o conto Aborréceste Minimoni?


Esta semana seguimos cos contacontos. O venres, o grupo formado por Gael, Adrián, Martín, Mateo e Óscar contoulles o conto  Andrés o mentireiro aos nenos e nenas de 1° A e o grupo formado por Paula, Lucía, María e Ainhoa contáronlles o conto Brunilda aos rapaces e rapazas de 1° B.


O alumnado de 2° tamén desfrutou duns contacontos. Mauro e Gael de 6°A contáronlle Paco, Papán aos nenos de 2° B.
Pepe e Juan Raúl contáronlles A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza aos rapaces e rapazas de 2° A.




VISITA DE EL HEMATOCRÍTICO

 Este xoves voltamos ter a visita de El Hematocrítico. Esta vez estivo cos rapaces e rapazas de 1º e 2º de Educación Primaria.



Sempre é un pracer terte con nós!


11 mayo 2023

LETRAS GALEGAS 2023: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 

Como ben sabedes, a persoa homenaxeada este ano nas Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego.



Se picades na imaxe poderedes acceder á páxina do Seminario Galán, que como todos os anos, elaborou unha serie de actividades en liña e tamén para facer en papel.

Para facilitarvos un pouco esta busca, imos amosarvos varias actividades en liña que nos parecen máis interesantes. Ademáis, tedes á vosa disposición diferentes materias impresos xunto a  exposición  por se queredes fotocopiar.



Primeiro comezamos cun vídeo elaborado polos nenos e nenas de 5º de E.P.  do Colexio Pío X de Ourense sobre a súa vida e obra.



Seguimos con un genially para Educación Infantil.


Rematamos  cunha Ruleta,  un Xogo de memoria e un Pasapalabra para Educación Primaria:



04 mayo 2023

XOVES CONTO

 Hoxe fixemos o Xoves de Conto con Sarai, Eva, Yaiza e Sabela de 6° A.  Contaron A casa da mosca chosca.




03 mayo 2023

CONTACONTOS: PACO NOGUEIRAS

 

Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil recibiron a visita de Paco Nogueiras, quen lles cantou varios dos contos que máis lles gustan, como Chibos, chibóns ou Do, Re, Mi.

Mirade que ben o pasaron!