Como ben sabedes, a persoa homenaxeada este ano nas Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego.
Se picades na imaxe poderedes acceder á páxina do Seminario Galán, que como todos os anos, elaborou unha serie de actividades en liña e tamén para facer en papel.
Para facilitarvos un pouco esta busca, imos amosarvos varias actividades en liña que nos parecen máis interesantes. Ademáis, tedes á vosa disposición diferentes materias impresos xunto a exposición por se queredes fotocopiar.
Primeiro comezamos cun vídeo elaborado polos nenos e nenas de 5º de E.P. do Colexio Pío X de Ourense sobre a súa vida e obra.
Seguimos con un genially para Educación Infantil.
Rematamos cunha Ruleta, un Xogo de memoria e un Pasapalabra para Educación Primaria:
No hay comentarios:
Publicar un comentario