24 febrero 2013

CARTAS DE AMOR

ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe 24 de Febreiro conmemórase o 176 aniversario de Rosalía de Castro.


Si queres coñecer algo máis da súa vida.
Pincha no seu nome.
ROSALÍA DE CASTRO.



Este ano tamén se celebra o 150 aniversario da publicación do seu libro Cantares Gallegos.

Dentro da páxina da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, aparece esta fermosa actividade.

Todas con Rosalía

"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".


Así como os numerosos actos para este día e as gravacións de poemas de Cantares Gallegos  feitas polos nenos e nenas de moitos colexios de Galicia.


19 febrero 2013

DISPARATES

Actividades Castelao

Actividades O Homiño de Papel

LECTURAS CON AMOR

Unha selección de libros para festexar o amor que nos achega a editora OQO. Moitos deles están na nosa biblioteca.

FELIZ DÍA DO AMOR


Os equipos de ENDL e biblioteca preparamos estas tarxetas para agasallar a todas as clases, a todo o profesorado e persoal que traballa no centro.
Os nenos de primeiro foron os encargados de repartilas.


                                                   O poema elexido
                                                        Nas leves tardes de Outono tan serenas, 
ateigadas de silencio e dozura
eu vou sentindo, amor, a túa tenrura
igual que lume queimándome nas veas.

O son das aves, o vento e as sereas,
a voz solemne do mar, rouca e escura,
é a voz do amor coa súa fondura,
co seu incansábel ritmo de mareas.

Eu quero vivir o outono na ribeira
para amistar coas gaivotas e embarcar
nunha dorna xentil, ben mariñeira.

O meu desexo máis fondo é naufragar, 
  ¡ouh miña boa e sinxela compañeira!  
         no teu mar de tenrura. Só no teu mar.
                                                                                       Manuel María  
Modelos para escribir cartas de amor e diálogos e un corazón para encher de palabras (quen ocupa o teu cozazón?

18 febrero 2013

Romeo e Xulieta


O Gazafellos

16 febrero 2013

ACRÓSTICO VIOLETA MONREAL

GOTACONTOS EN FAMILIA

08 febrero 2013

Entroido no cole

Xoves Conto

Este xoves algúns nenos e nenas de Quinto A contáronnos
 A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Metéronse ao público no peto.
Houbo moitas risas! Noraboa!


Agora fáltavos contarllo aos nenos e nenas de educación infantil.