31 octubre 2012

Inauguración 2º de primaria

Ao noso "Recuncho Literario" viñeron: 
Carapuchillas vermellas, sereíñas, Néptuno e .....
moitos personaxes máis.

Baile dos esqueletes

Anivádevos a bailar!

A mascota de Drácula


30 octubre 2012

Inauguración 5 anos Infantil

Os nenos e nenas de 5 anos viñeron cheos de pinguiñas que decoraron nas súas clases, e de outras pingas non tan pequenas.......
Houbo un debate nas súas aulas para elexir os personaxes. Trouxéronnos a:
Campaíña, 
ao Lobo
a algún personaxe máis......

BRUXA

27 octubre 2012

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA


Os maiores do colexio trouxéronnos aos Megatoxos.
Un curso de quinto a Gerónimo Stilton e outro a Harry Potter.
Os de catro anos a Peppa Pig e ao Gato con Botas
 para o noso "Recuncho Literario".
                  
                            Conseguimos encher a biblio de pinguiñas!!

INAUGURACION NENOS NENAS DE 3 ANOS


Os máis pequenos do noso cole tamén visitaron a nosa biblioteca. Trouxéronnos a Pinocho, á Ratiña Presumida e á televisiva Dora a Exploradora para o "Recuncho Literario".

Os nenos e nenas de 1º A contáronlle o conto " As Aventuras de Pinocho", que eles mesmos fixeran na clase.

Logo viron o video de Pocoyó e a Regadeira Máxica.


Mirade que guapos e guapas viñan!!




24 octubre 2012

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


O mes de outubro é o mes da Biblioteca escolar e, como xa sabedes, hoxe 24 de outubro é o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Para celebralo esta semana estamos inaugurando "oficialmente" a singladura da biblioteca este curso baixo o lema:
 Palabras que vas ler...  
non as deixes correr.
  

 Gústavos o novo mural da porta da biblio
Representa o ciclo da auga, xa que o PDI deste curso xirará entorno á auga. 
As pinguiñas das que beberemos este curso son moi especiais...  Que vos parecen?
  

ARTUR E MORGANA VISITAN O CASTELAO


Onte, tivemos unha visita moi especial na biblio. O rei Artur e a  "meiga"  Morgana viñeron contarnos algunhas cousas sobre as súas vidas e sobre Avalón, a illa onde viven co mago Merlín.



 Aproveitando a súa visita Morgana falounos das propiedades de certas plantas e alimentos como o mel, as estrugas, a menta, a cebola, o allo...

Como non tiñan tempo para máis convidáronnos a ir este sábado día 27 de outubro ó Auditorio Municipal ás 21.00 horas para seguir contándonos cousa e coñecer ó MAGO MERLÍN!!!!

(se queredes saber máis sobre a obra de teatro picade no nome do mago)


18 octubre 2012

Os nenos/as de 1º A son uns artistas,elaboraron este fermoso conto titulado;
"Os amigos de Pinocho"


Si queres ler o conto pincha na imaxe de Pinocho.



11 octubre 2012


AVISOS POR PALABRAS
Foi atopada unha moa na biblioteca.Non sabemos se a deixou esquecida o Ratiño Pérez. Si algún de vós a bota en falta na vosa boca, preguntade por ela na biblioteca.      

Pepe, Maruxa e as Mochilas Viaxeiras


Pepe e Maruxa axudaron á Xoubiña Castelao a preparar as Mochilas Viaxeiras; estiveron seleccionando libros para adultos na Biblioteca Pública Municipal para que viaxen ás vosas casas. Escolleron libros de cociña, de consellos para pais e nais, literatura clásica, best sellers...

 Sabedes quenes son?

Buscádeos na foto
Se queredes saber máis sobre eles buscádeos na biblio municipal. Seguro que tamén van a meter a Sofía, a bibliotecaria, en "líos" convencéndoa para propoñervos actividades interesantes e divertidas. Tamén teñen máis amigos invadindo bibliotecas se queredes coñecelos pinchade aquí.

Dentro de moi pouco xa sairán as Mochilas!!!!


Os alumnos de 2º e Roald Dahl


Os alumnos de segundo estiveron coñecendo diferentes libros dun dos grandes autores de literatura infantil e xuvenil, Roald Dahl.



Gustoulles moito Cuentos en Verso para Niños Perversos, As Bruxas, Charlie e a Fábrica de Chocolate...

Disfrutaron de diferentes actividades como exposicións de libros, inventaron contos, viron videos...




Gústavos o broche de bruxa que fixeron?


 


 De feito, despois de ler fragmentos de "As Bruxas", están seguros de que algunhas profes son BRUXAS!!!!  Se queredes máis pistas para saber detectalas buscadeas no libro.

10 octubre 2012

A editorial Kalandraka premiada!


A editorial Kalandraka acaba de recibir o "Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012" polo seu compromiso coa literatura infantil. É a primeira editorial galega e a primeira adicada á literatura infantil e xuvenil que recibe este importante premio.

 Na concesión do premio destacaron a calidade das súas ilustración, o coidado que poñen nos textos, o seu interese en cultivar xéneros como a poesía  e  o ser un referente tanto en España como no estranxeiro.

Os seus libros están traducidos a varios idiomas. De feito, temos libros de Kalandraka na nosa sección de Inglés.

A nós non nos sorprende nada esta nova xa que  NOS ENCANTAN OS SEUS LIBROS!!!!!!



ANÍMATE!!!!  Escribe nos comentarios cal é o teu libro de Kalandraka favorito.


09 octubre 2012


 PALABRAS QUE VAS LER

NON AS DEIXES CORRER.
Este é o lema da campaña de lectura deste curso.                               

A porta da nosa biblioteca está mudando.
Nela aparecen monstros, un río 
              que chega ao mar,
                         nenos e nenas......                                                           Dentro de pouco verédelo rematado!

05 octubre 2012

Voces Rianxeiras


O curso pasado elaboramos entre todos o xornal do cole, ó que chamamos Voces Rianxeiras, recuperando o nome dunha antiga publicación que xa había no colexio. 

Se queredes ver algúns dos antigos exemplares de Voces Rianxeiras, revista que elaboraron fai anos os vosos pais, nais, tíos, tías, primos...  están na sección de revistas, xusto na entrada da biblioteca. 
 A verdade é que fixeron un estupendo traballo. Tede en conta que non tiñan ordenadores nin impresoras e tiñan que usar "outras tecnoloxías" como as máquinas de escribir.
 

03 octubre 2012

Revista Escolar "Ondiñas Veñen"

Xa sabemos que un pouquiño tarde pero... aquí tedes, en formato dixital, a revista que publicamos a finais do curso pasado.

Máis vale tarde que nunca!!!!! 

02 octubre 2012

Xa hai tempo se inventou este fermoso conto relacionado co outono. A ver si os seus autores se acordan del e deixan algún comentario.