26 mayo 2015

Enquisa alumnado



Se picades na foto tedes o enlace á enquisa sobre a biblio para o alumnado.

Animádevos é moi fácil de cubrir, só leva uns minutiños.





Grazas pola vosa axuda!!!

Enquisa familias


Coa vosa axuda podemos mellorar. Por favor, picade na foto e contestade esta enquisa. Non vos levará máis de 5 minutos!




MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!

Enquisa Profesorado


Cubre esta enquisa e axúdanos a mellorar os recursos á túa disposición





Grazas por colaborar!

XovesConto

Mariana o xoves 21 contounos o conto de 
Rafara. 
Un conto popular africano.
Contan que a pequeña  Rafara vivía coa súa familia nun pobo de África. Contan que un día as súas irmás maiores abandonárona no bosque mentras recollían froita. Contan que Rafara viveu entón unha historia extraordinaria, que foi capturada por un mostro e que a máxia axudouna a escapar.

Moi ben! Temos canteira de contadores e contadoras no cole!
.

XovesConto.


Aitana contounos o xoves 22 o conto de
 Kofu o neno de chocolate. 
Autora:Lupe Lóriga e Ilustradora:Ana Martínez.

Un bonito día Sara saíu pasear cos seus fillos. Ao máis pequeno caeulle a chaqueta que levaba no brazo. Outro neno viuna, colleuna e devolveulla. Cando o fillo de Sara foi agradecerllo, quedou moi sorprendido ao ver que o neno tiña a pel de cor escura e moitos caracois na cabeza.....". Unha forma sinxela de ensinar que todas as persoas somos iguais, independentemente da cor da nosa pel, do lugar do que procedemos ou do idioma no que falamos.
Moi ben! 
Grazas por contarnos este fermoso conto!

17 mayo 2015

O 17 de Maio. Presume e comparte co galego todo o ano.


O 17 de maio presume e comparte from ProductoraAudiovisual CanalArtes on Vimeo.
Video-creación para a coordinadora galega de equipos de normalización lingüística coordinadoraendl.org/presume_de_galego/comparte.php Productora "Bicharte" de canalartes. Obradoiros de animación e video-creacións.

16 mayo 2015

Letras Galegas 2015

Dende o EDLG achéganos a figura de Filgueira Valverde o autor homenaxeado das Letras Galegas 2015

Letras Galegas 2015

Unha canción para mostrar ese compromiso e unión coa nosa lingua.Meu o mundo é!. Brinca vai.

06 mayo 2015

Xosé Filgueira Valverde.

Recursos sobre o homenaxeado nas Letras Galegas 2015. Xosé Filgueira Valverde. Pincha aquí.

05 mayo 2015

NÓS LEMOS. E TI? EU LEO. E TI?

Ola!Son Pablo de 2ºA, gústame o libro Futbolísimos: El misterio de los siete goles en propia puerta porque trata de deportes, especialmente do meu preferido, o fútbol. Neste libro pasan cousas como na vida real, tamén outras moi raras porque os protagonistas gañan un torneo sen marcar ningún gol. Paréceme moi interesante e tamén moi divertido. O personaxe co que máis disfrutei foi con Camuñas, é o porteiro do equipo que resulta gañador.
Espero que vos animedes e leades este libro.
Saúdos para todos.

NÓS LEMOS. E TI? EU LEO. E TI?

 e ademais está en compaña do seu autor Fermando M. Cimadevila.
A batalla por Avalon é a terceira e agardada entrega da serie de fantasía O mundo secreto de Basilius Hoffman,.
Neste terceiro volume continúan as aventuras do profesor Basilius Hoffman e do seu sobriño Peter, que deben unir as súas forzas coas dos membros da Irmandade de Avalon para defender a Illa da Sabedoría dun mal antigo que ameaza o mundo feérico e o dos humanos.


Froilán de 1º B escolleu El primer Samurai de Gerónimo Stilton
Un divertidísimo cómic que transcorre no Xapón de 1603.

GRAZAS POR COLABORAR!

04 mayo 2015

Día do libro

Libro interactivo. Pincha aquí.

Con motivo do día do Libro dende a biblioteca elaboramos este libro interactivo sobre Don Quixote e Breogán baseados nos contos: 
Don Quixote e Breogán e o exercito de ovellas.
Don Quixote e Breogán e a Pousada Encantada.
Divertirse e a xogar!

03 mayo 2015

Novidades editoriais

Rubicundo de María Canosa, vai dirixido aos máis pequenos. Trata da relación entre un vello e unha nena moi curiosa que non para ata adiviñar o que fai Rubicundo cada noite cando sae da casa, montado nunha bicicleta, enriba da árbore do seu xardín. Non deixará de sorprendernos o oficio deste home e o final, un final de afectos e esperanza. Esta obra, ilustrada por Nuria Díaz, resultou finalista do premio Merlín, na súa última convocatoria.


O corazón da maxia de Xavier Estévez e ilustrado por Santi Gutiérrez, remítenos a ese mundo paralelo (que tentamos descoñecer) dos nenos e nenas enfermas e hospitalizadas. A protagonista ten unha enfermidade grave, que toma con moita filosofía, repartindo alegría pola planta tan pronto se atopa con algo de forza. O tempo compartido con outra pequena na habitación, a necesidade de contarlle un conto para defendela do medo, dan lugar a unha historia que camiña á par da real, onde dúas rapazas parten na busca dos dragóns para salvar as aldeas. Porque os dragóns fan que o mundo continúe sendo como sempre foi, achegan a seguridade de que nada malo vai pasar e hai que rescatalos, estean onde estean... e nesas andan as nosas rapazas.


Eses dous amigos, que xa tamén o son nosos, móvense polo universo de Janosh. 
"Un día tigre pequeno regresou do bosque coxeando, xa non podía camiñar máis nin manterse en pé e caeu.E quedou alí tombado no chan, no medio do prado.Deseguida chegou correndo oso pequeno e preguntoulle:

–Que che pasa, tigre pequeno? Estás enfermo?

- Eu curareite, dixo oso pequeno"


As personaxes máis entrañables da literatura infantil continúan xuntas. Se sempre se prestaron coidados, agora fano máis, pois os amigos están para iso: para axudarse cando se necesita. Tenrura e humor, diálogos dunha sinxeleza universal e a dozura .É a amizade!!!!!!



NÓS LEMOS.E TI? EU LEO.E TI?

Adrián escolleu O galo Quirico 

Cando o galo Quirico ía á voda do tío Perico atopou no camiño cunha bosta e, no seu interior, un saboroso bocado:«Comereino ou non o comerei?», pensou o galo...
Laura escolleu Pan de Millo .
Migallas Teatro anima a cantar e a bailar a toda a familia neste libro-disco ilustrado, con colaboracións de prestixiosos músicos galegos. Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego.
Grazas por enviarnos as vosas fotos!