28 septiembre 2013

A MÚSICA E AS EMOCIÓNS


Esta é a  entrada da nosa biblioteca para este curso.
Aparece o acordeón, a guitarra e moitos libros de viaxe por esta escola pública que quere escribir e ler.
O tema de este ano vai ser a Música e todas as emocións que esperta.


O cadro polo que vos preguntábamos é do pintor Leandro Lamas. El deunos o seu permiso para copiar algunhas partes dos seus cadros e confeccionar o noso mural.

Eleximos a Leandro porque é un pintor que ilustra moitos libros infantís un deles a "A nena e o grilo nun barquiño" Neste novo disco Magín Blanco conta coa compañía de numerosos músicos, músicas, das voces de María Faltri, Luanda Cozetti, e o coro dos nenos e nenas da capela madrigalista de Ourense.

A qué soa A nena e o grilo nun barquiño?
A bicos roubados, á ledicia de atopar un equilibrio de expresión entre  tradición e contemporaneidade.  A  reafirmar  a confianza na música como vehículo e vínculo interxeracional, e entre o individual e o social.  A Beatles ,armonías vogais, retrousos  contaxiosos, a arpas e zanfonas, a violinos , a arpexios de guitarra.  A silencio…
E qué conta  A nena e o grilo nun barquiño?
A historia dunha viaxe onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir. Unha aventura amable e  luminosa , máis próxima  ao intercambio  que a competitividade  e a rivalidade.
Este vídeo contén númerosas pinturas de Leandro Lamas. 
A ver si atopades algunha das que empregamos para realizar o mural da porta da biblioteca!

13 septiembre 2013

1,2,3 As festas veñen xa.

1, 2, 3 tod@s a cantar e bailar para comezar con ánimo as festas, porque aínda nos queda algo de verán.

10 septiembre 2013

VOLTA AO COLE!


Mañá 11 de setembro ás 11 comeza a singladura do curso 2013-14.

Gustaríavos saber que tema eleximos este curso para traballar desde a biblioteca?  Como será o mural da porta da biblio deste curso?

Pois botade a andar a vosa imaxinación...

Aquí tedes unha pequena pista... de quen é esta ilustración?


Esperamos as vosas respostas e que nos comentedes que tal o primeiro día ! _