27 junio 2014

Festa da auga.

Aínda que non ten nada que ver coa biblioteca, poñemos o remate de curso tan esperado.
A festa da auga co chiringueitor. Quedamos mollados  e que ben que o pasamos!

O segredo do Amor

Este é un fermoso conto elaborado na aula de 4 anos C.

21 junio 2014

Grazas aos colaboradores.

O venres pasado tivemos unha pequena merendola na biblioteca para os nosos axudantes e axudantas  
Eses nenos e nenas que perderon cada semana un recreo por: axudarnos a facer os préstamos,por colocar libros, por manter en orden a sala,...e moitas tarefas máis. Grazas por colaborar a que a biblioteca funcione nos recreos.

10 junio 2014

PROXECTO HORIZONTE 2030

Ao longo desta semana estamos tendo unhas charlas na biblioteca sobre o mexillón: o seu cultivo, os seus depredadores,... 
Estas charlas forman parte dun proxecto máis amplio no que participaremos o curso que vén.Proxecto horizonte 2030.

VISITA DE 3 ANOS E 4 ANOS C Á BPM

A semana pasada os nenos/as de educación Infantil visitaron a BPM, para coñecer os seus fondos relacionados coa música e as emocións.Ata levaron a Moli de visita!
Unhas poucas imaxes!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Estámonos achegando ao tempo de vacacións, onde podemos desfrutar e relaxarnos con fermosos libros, e cancións.
Estas son as nosas recomendacións que van incluídas na revista escolar. Recordade a maioría de estes libros atoparédelos na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

VOCES RIANXEIRAS 2013-2014

09 junio 2014

08 junio 2014

CHARLA SOBRE A ENERXÍA.DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O venres, tivemos dándonos unha charla na biblioteca a Laureano, o pai de:  Lauren, Helena e Mariña. Un experto en enerxía e enerxías renovables.Amablemente explicoulle aos grupos de 2º e 4º de primaria: que é a enerxía, consumo enerxético actual, e as distintas enerxías renovables...
Como o venres estaba a chover non puidemos facer un experimento cunha placa fotovoltaica que nos trouxo. Ao longo de estes días comprobaremos si coa enerxía do Sol se quenta o bulbo.
Moitas grazas por colaborar!

03 junio 2014

Visita á BPM

Hoxe as clases de 3 anos A e B fixeron a súa visita á BPM .  Sofía contoulles un fermoso conto: 
Sofía a vaca que amaba a música. 
Estábaos esperando cun montón de libros: de monstros, animais, fadas, de música,....
Tiveron un momento de lectura e logo debuxaron.
< Visitade a BPM coa vosos fillos e fillas

Festival das Letras 2014