10 abril 2018

María Canosa. Encontro cos nenos e nenas de terceiro.

O luns 9 María Canosa visitou a nosa biblioteca para falar con nós sobre a súa obra, especialmente sobre o seu libro A cazadora de estrelas.Libro que estiveron a ler os nenos e nenas de terceiro. Aquí tedes o tríptico que elaborou a biblioteca para preparar a súa visita.

06 abril 2018

XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Xa comezou o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano,  o lema é: Mulleres de conto. 
O Salón do Libro de Pontevedra é  un referente para todos os  amantes da lectura, dos libros e moi especialmente da literatura infantil. Durante 15 días podedes participar en todo tipo de actividades de animación á lectura e dinamización cultural; así como visitar a exposición dos traballos dos centros escolares e descubrir ao país convidado deste ano, Mexico. 

Convidámosvos a todos a facer unha escapada a Pontevedra e descubrir o que o Salón preparou . Estamos seguros de que pagará a pena. Aquí tedes o programa para escoller  cando vos achegar. E o enlace á páxina do Salón do Libro

02 abril 2018

Abril, mes dos libros

Comezou abril, o mes dos libros e chegou o día grande da literatura infantil e xuvenil, o 2 de abril, data escollida por coincidir co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Os libros fan grande o máis pequeno .
É o lema escollido deste ano. Aquí podedes ler o manifesto do Día Internacional do Libro Infantil publicado polo IBBY (International board on books for young people). Este ano Letonia foi o país encargado de realizar o manifesto e o cartel.