25 febrero 2023

DÍA DE ROSALÍA

 Este venres celebramos o día de Rosalía cun acto para todo o cole.

 Reunímonos todos no porche de infantil e alí puidemos desfrutar

de diferentes actuacións levadas a cabo por varios compañeiros de sexto e unhas compañeiras de segundo. 

A rapazada de sexto interpretou anacos das obras máis coñecidas da autora e incluso se animaron a rapear. Para rematar, varias nenas de segundo recitaron un anaco do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".

Tamén elaboramos diversos modelos de flores, como xa é tradición na escola.

Aquí tedes un vídeo das diferentes actuacións dese día.







Fixérono xenial e pasámolo moi ben!



10 febrero 2023

LECTURA E FAMILIAS: TALLER DE ALIMENTACIÓN

 O noso cole está participando nun programa chamado "Lectura e familias" levado a cabo pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Grazas a este programa poderemos ofertar diferentes actividades para o alumnado e as súas familias durante estes meses que nos quedan de curso.

Debido ao gran número de alumnado do centro verémonos na obriga de ofertar algunhas das actividades por curso e poñer un aforo.

Agardamos a vosa participación!

Empezamos cun taller de alimentación que será levado a cabo por Arenaria Coordinación.