E, en que consite?
Pois é unha app que permite LER doutra forma.
Descargas a app no teléfono ou a tablet e mentres les podes acceder a contidos "escondidos" en distintos soportes: carteis, libros...
Neste caso o cartel da campaña de lectura de bibliotecas escolares Biblioteca Escolar, base de exploracións ten escondido...
Pois teredes descubrilo.
Moitas grazas aos axudantes de biblioteca por explicarnos esta novidade.
Se queredes baixarvos a App ao voso teléfono ou tablet ou saber máis de como funciona picade neste enlace do blog de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Poderedes acceder a un manual de como descargar e usar a aplicación (Aurasma), a un vídeo explicativo e a diversas actividades que se fixeron noutros colexios galegos utilizandoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario