24 octubre 2011

24 de outubro, DÍA DA BIBLIOTECA

.
Hoxe é o Día da Biblioteca e por iso, decidimos comezar neste día tan sinalado a "inauguración oficial" da biblio no curso 2011-2012.

Hoxe foron á biblioteca os máis pequerrechiños do cole, os nenos e nenas de 3 anos. Ao longo desta semana e da que vén iremos todos/as á biblioteca a recordar as normas, ver o novo mural da porta e facer actividades especiais relacionadas coa arte.

Irémosvos contando o que fan os pequenos grandes artístas dos vosos compañeiros/as.

A que xa vos apetece saber que ides facer vós?


Deixovos aquí o cartel que Emma Ríos, artista galega que traballa en Marvel Cómics, diseñou para celebrar este día nas Bibliotecas Galegas. (Si picades no seu nome tedes máis información sobre ela e os cómics que axudou a debuxar)

5 comentarios:

Camino dijo...

Amín encantame a biblioteca!!!!

Irene 5ºA dijo...

Encantame a biblioteca, ten:Libros,ordenadores ...etc. Gustaríame que hubera máis libros de Geronimo Stilton.

bibliocastelao dijo...

Ola Camino e Irene:

Moitas grazas por compartir con todos as vosas ideas no blog. Encantaríame que seguirades facendo comentarios e animando ós vosos compañerios e compañeiras a participar.
Por certo Irene, hai moitos libros de Gerónimo e Tea Stilton incluso mercamos algún cómic pero como vos gustan tanto... ESTÁN SEMPRE EMPRESTADOS!!!!
Recorda que agora xa estás en 5º e hai moitas coleccións de libros e libros interesantes no recuncho verde. Se non sabes moi ben que libro che poden gustar pregúntalles ás profes que fan garda na biblioteca nos recreos seguro que che recomendan libros interesantes.

Un saúdo,

A Xoubiña Castelao

Candela dijo...

a min encantanme os libros de mini creo qe xa levei toda a coleccion e son moi divertidos!Recomendoos!

Adrián 6ºC dijo...

Mola moitisimo o poster.