09 noviembre 2011

Xa saíron as Mochilas Viaxeiras!


A semana pasada o equipo de biblio, axudado por uns magníficos colaboradores, xa repartiu as Mochilas Viaxeiras a tódalas aulas. Agora só tedes que esperar a que viaxen ás vosas casas. Moitos de vós non facedes máis que preguntar asi que, aquí vos deixo a proba de que xa sairon. Esperamos que poidades disfrutar delas o ante posible.

Este ano por primeira vez incluímos un libro para os papás e mamás. Queremos agradecerlle á Biblioteca Municipal que nos emprestara os libros xa que nós non temos literatura de adultos. MOITAS GRAZAS, SOFÍA!!!

Por certo, PAPÁS e MAMÁS animámosvos a que vaiades á Biblioteca Municipal e, de paso que os "peques" da casa collen libros para eles, lle votedes un vistazo á sección de adultos e desempolvedes os vosos carnés de biblioteca.


Que foi o que máis vos gustou das Mochilas Viaxeiras que tivestedes na casa ata o momento? Que vos gustaría que houbese nelas e non hai? Esperamos os vosos comentarios!!!!
.

8 comentarios:

Biblioteca Municipal de Rianxo dijo...

Estamos encantados de colaborar. Grazas a vos por fomentala lectura.

Anónimo dijo...

Pareceme perfecto o das mochilas viaxeiras seguramente que a todos lles encantan espero que chen pronto a miña casa.

vanesa dijo...

na clase de 5ºc xa sorteamos a mochila viaxeira, a min ainda non me tocou pero vouna levar un dia.

Candela dijo...

a min sempre me gustou moito a mochila viaxeira na clase de 5ºa vamos pola orde de lista e eu son a novena gustariame ser a ultima xq asi poderia ver o qe fixeron todos os nenos da clase pero da igual.Espero qe a todos lle gusten moito.

Xouba Castelao dijo...

Ola a todos e todas, en especial a Candela para quen é esta idea:por que non lle preguntas á profe, si da tempo despois de que todos levedes a mochila, si vos deixa levar a libreta da mochila viaxeira para a casa aínda que sexa un día ou dous nada máis para que vexades o que escribiron o resto dos vosos compañeiros.

De tódolos xeitos, direille ó equipo de biblioteca que faga unha exposición con tódalas libretas das mochilas viaxeiras a finais de curso así tamén poderedes ver o que fixeron todas as familias do cole.

Por si se esquecen recórdallo ti a finais de curso.

Un Saúdo

Xouba Castelao

Candela dijo...

Vale!! xa llo recordarei a Mili

Anónimo dijo...

gustame a idea da mochila viaxeira pero gustariame mais se tuvera mais comics

Sara dijo...

Gústame moito a mochila viaxeira, sempre o paso moi ben cando me toca.
Ademais cada ano poñen libros máis divertidos e entretenidos.