"Mago Rosa" un libro de Txabi Arnal & Rashin Kheiriyeh .
O mago conseguira facer unha bolsa que tragaba todo. Abondaba con dicir: OEMOC! Logo de moitos experimentos, este mago atopa unha fórmula para satisfacer a súa ilimitada avaricia e maldade gratuíta, A partir de aí empeza a encher a súa bolsa á orde de Oemoc! (Cómeo!, ao revés). No entanto, o seu periplo de cobiza incontrolable vese interrompido cando se atopa cunha bondadosa e xenerosa maceira, que non dubida en enfrontarse a el e á súa bolsa de coiro para protexer a un indefenso paxariño. Así, unha simple árbore e un ave diminuta son capaces de enervar a un mago e ata anular os seus poderes, no caso do pequeno paxaro.
Mago Rosa toca o tema da xustiza; tanto na recompensa das boas accións como no castigo coa mesma moeda.
Moi ben!
1 comentario:
k conto tan fermoso,e k decir k nn estou no colexio marchei este ano ,pero estou moi orgullosa creo k estes rapazes é rapazas o fan de maravilla,é k se anime máis xente a facer esto,porque son actividades moi fermosas.É doulle a enoraboa a todos os k organizan todas actividades do colexio.
Publicar un comentario