18 enero 2015

Proxecto Horizonte 20 30

Ao longo desta semana tivemos a segunda xornada deste proxecto científico relacionado co mundo mariño.
Proxecto Horizonte 20 30 desenvolvido pola organización Arenaria.
Todo o colexio, en distintas quendas, participa.

Nesta ocasión estivo centrada nos sentidos da vista, do olfacto e o tacto.
Actividades prantexadas:
1º Tiveron que adiviñar o contido dunha caixa polo sentido do tacto. Un neno ou nena tocaba e os demais debían facerlle preguntas ata dar a solución.
2º Viron distintas mostras polo microspio e tiñan que averiguar de que se trataba. Esta resultoulles difícil pero cun par de pistas chegaron a resposta.

3º A través do sentido do olfacto recoñecer distintos olores: gasoil, algas, conserva,.. Algúns destes olores trouxelles recordos e ganas de ir á praia outros noxo.


Unha pequena mostra das actividades:

5 comentarios:

Anónimo dijo...

nunca sabedes facer unha cousa ao dereito.Sempre traedes a estes tipos a dar a charla,é importante pero creo k hai cousas máis importantes para os alumnos .Podían ser charlas moito máis divertidas,sin k os rapaces digan k foron a unha charla para quedarse dormidos.É falo como nai k son.



Biblio Castelao dijo...

Empezamos mal cando dicimos que nunca sabedes facer unha cousa ao dereito. Ante todo unha falta de respecto. En lugar de destruir e preferible construir entre todos, propoñendo actividades e sobre todo que sexan gratuitas para os nenos e nenas.
E como nai hai formas para colaborar connosco e non criticar por criticar.

Anónimo dijo...

Hola: Moitas grazas por facer posible que os nenos e nenas do noso cole conten con actividades coma esta. O meu fillo cando chegamos á casa fálame un montón do que fan e do que lle explican, a min paréceme interesante. Sería moi bo que todos os pais e nais colaborásemos máis e agradecéramos o traballo que moitos profes fan cos nosos pequenos.

Anónimo dijo...

A nai k o puxo nn ten vergonza ningunha,porque creo k aos rapaces lles gustan estas actividades

Anónimo dijo...

k pouco respecto tellen algunhas nais,eu penso k ainda por riba k lles ensellan cousas aos rapaces a alguns ainda lle parece mal,esa debe de ser a educación k lle da ao fillo ou filla.
ESTE COMENTARIO VAI PARA ESA NAI