23 enero 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil.
Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desa literatura non sempre asumida como LITERATURA ( con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e polo tanto mediadora do libro.
Unha académica de luxo!


Con esta entrada queremos facerlle chegar a nosa ENHORABOA a esta fantástica escritora sumándonos a outras Bibliotecas Escolares de Galicia.

 Fonte:  Redelectura   Bibliotecas Escolares de Galicia 

No hay comentarios: