30 enero 2013

ACTO CONXUNTO POLA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro xuntámonnos todo o colexio no porche para celebrar o día da Paz.
Comezamos cunha pequena explicación das  orixes do símbolo da Paz. Logo cada curso ensinou o seu símbolo da paz decorado na aula e recitou o seu: lema, poesía ou  texto pola paz.
Rematamos cantando e bailando varias veces a canción  Moving de Macaco.

Dende hoxe loce un cadro coma este, en cada pavillón, para recordarnos que a Paz non é só un día.



No hay comentarios: