11 mayo 2021

Educación Responsable: REFLEJARTE

Este curso o noso colexio entrou a formar parte dos centros ER de Galicia. Esta iniciativa da Fundación Botín e a Xunta de Galicia trata de mellorar as relacións entre o alumnado e axudar aos rapaces a xestionar e expresar as súas emocións a través da Educación Responsable: educación emocional, social e da creatividade.  

Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades levadas a cabo polo alumnado de 2º A no apartado de Reflejarte.  

A actividade que propuxo este ano a Fundación Botín "Olfato artístico" está basada na exposición ARTE Y ARQUITECTURA: UN DIÁLOGO, que se puido ver na súa sede de Santander ou visitar virtualmente desde outubro de 2020 ata maio deste ano. 



Esperamos que vos guste!

Seguimos elaborando vídeos para compartir con todos vós o noso traballo. 

Podedes acceder á zona de familias picando no logo da fundación botín desta entrada ou aquí


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Lindos!!!!!!

Anónimo dijo...

Son uns grandes artistas!!! Noraboa rapaces!!!

Anónimo dijo...

Que chulada de experiencia e de video que montou a profe Isa, parabens!