25 febrero 2015
Recitando a Rosalia
Recitado do poema Adiós Ríos Adiós Fontes. Nenos e nenas de primeiro que agora están en segundo A.
24 febrero 2015
Encontros con escritores.
O xoves 19 de febreiro os alumnos e alumnas e os Mestres de 5º recibimos a visita de Anxo Fariña. Veu a falarnos dos dous últimos libros dos Megatoxos que publicou:
“ Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa “.
A parte de falarnos dos personaxes destes libros, contounos como comezara a idea de crear os Megatoxos, e sabedes como foi?
A parte de falarnos dos personaxes destes libros, contounos como comezara a idea de crear os Megatoxos, e sabedes como foi?
A partir de un toxo e dunha aposta cun amigo seu.
Tamén nos falou de como empezar unha historia e darlle forma. Foi moi divertido, porque nos explicou como a partir dun simple debuxo dunha caixa, se podían inventar miles de historias, e díxonos que a nosa imaxinación nos podería levar a onde nós quixéramos.
Foi unha experiencia inolvidable, ata outra Anxo Fariña!!!!!

Eu son Rosalía
Propostas de actividades.
Elaboramos esta tarxeta para que eles e elas escriban Eu son Rosalía: porque ...... cando ...... para.........
Elaboramos esta tarxeta para que eles e elas escriban Eu son Rosalía: porque ...... cando ...... para.........
Recitando a Rosalía
Hai dous anos tamén recitamos poesías de Rosalía na biblioteca. Rebuscando atopamos este vídeo que estaba sen montar. Estes nenos e nenas que daquela ían en cuarto están agora en sexto.
22 febrero 2015
Día de Rosalía
Durante esta semana propoñemos aprender algo sobre a súa vida , coñecer e recitar algúns dos seus poemas.
Tamén elaborar nas clases unha flor a que lle colgaremos este poema de Rosalía. Estas son as tarxetas que elaboramos:
Busca de información sobre Rosalía de Castro:
Broche ou pegatina:
Máis recursos:
A canción O Moucho de Migallas do seu libro Pan de Millo.
O MOUCHO forma parte dun poema máis longo do seu libro CANTARES GALLEGOS .
Esta é a montaxe do poema O Moucho do IES A Guía, animación en stop-motion .Unha historia de medo en forma de poema.
Tamén elaborar nas clases unha flor a que lle colgaremos este poema de Rosalía. Estas son as tarxetas que elaboramos:
Máis recursos:
A canción O Moucho de Migallas do seu libro Pan de Millo.
O MOUCHO forma parte dun poema máis longo do seu libro CANTARES GALLEGOS .
Esta é a montaxe do poema O Moucho do IES A Guía, animación en stop-motion .Unha historia de medo en forma de poema.
24 de febreiro día de Rosalía de Castro
Máis recursos que foron repopilándose outros anos. Rosalía.
Rabuñando novos cantares con Rosalía. Material da biblioteca Caracolatola. CEIP Alexandre Bóveda. Algúns recursos e actividades.
Libro Lim sobre Rosalía de Castro.
Baseado no libro "ROSALÍA" editado pola fundación. Autora do libro: Helena Villar Janeiro Ilustradora: Ánxeles Ferrer LIBRO-LIM DO POEMA "PARECE UNHA ROSA", AS ILUSTRACIÓNS SON DE ISABEL PINTADO (ED. ESPIRAL MAIOR) Poemas de Rosalía publicados polo concello de Vigo.
Material sobre Rosalía: Ospoemasdorío

20 febrero 2015
Maleta Viaxeira de matemáticas
Chegounos unha maleta á biblioteca. Debía de estar un pouco aburrida porque durante estes días non estivemos no cole. Viña cunha etiqueta que poñía Matemáticas e por fóra tamén se podía ler Asesoría de Bibliotecas Escolares. Que viría dentro?
Ao abrila descubrimos fermosos libros relacionados coas matemáticas. Os nenos e nenas prepararon os números para expoñer estes libros e películas.
Durante esta semana teremos unha das Maletas de Matemáticas que oferta a Asesoría de Bibliotecas Escolares e que inclúe libros e películas que abordan contidos matemáticos desde a ficción e a non ficción. Aproveitaremos esta oportunidade para coñecer novos materiais e recursos para abordar o currículo das Matemáticas desde a biblioteca escolar e a lectura.
O cartaz da campaña da Asesoría de Bibliotecas para este curso "Biblioteca escolar.... Matemático!!! é obra do ilustrador David Pintor. (Está no lateral)

18 febrero 2015
ContaContos pola Paz
Os nenos e nenas de terceiro B contáronos o conto de Ramón Caride A Pomba Dona Paz.
Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En canto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen dos valores da construción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática. Un libro que é un vieiro de esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.
CONTACONTOS POLA PAZ
Este foi un contacontos da nosa semana adicada aos contos de Paz. Esta vez foron os nenos e nenas de 2º A con .
Moi ben rapaces e rapazas!
17 febrero 2015
O mércores 4 de febreiro recibimos a visita de David. Estivo cun grupo de segundo e outro de cuarto.
El estivo vivindo en México, e contou como é a vida alí, os seus costumes, a súa gastronomía, o seu clima, monumentos, a súa fauna... Ata de como as xentes axudan aos sapoconchos a chegar ao océano Pacífico. Amosounos xoguetes típicos e dounos a probar tortillas e nachos con salsa picante!!!!
Como se chegou ata a hora do recreo, moitos alumnos e alumnas se sumaron á degustación.

Moitas grazas David por colaborar con nós!
Febreiro. Mes do Amor
Elaboramos esta guía cos libros que temos na exposición de libros de amor e amizade que está montada na biblioteca.
ContaContos a cargo de Patricia e Alex
Este mércores os nenos e nenas de Educación Infantil gozaron dunha sesión de contacontos a cargo de Patricia e Alex. Contáronlles dous contos: O Sacapenas e Quen é ese becho?
Pasárono moi ben!
10 febrero 2015
Recibimos esta fermosa carta.
09 febrero 2015
ENTROIDO NO MUNDO
Si queres coñecer como se celebra o Entroido noutros lugares do mundo .Pincha aquí
Ao longo da historia,as distintas culturas do mundo desenrolaron unhas tradicións propias que lles axudan a relacionarse mellor co entorno e a vivir en harmonía con el.
Neste magnífico libro ilustrado, que temos na biblioteca, recolle 50 tradicións do mundo, unha delas está adicado ao Entroido.
08 febrero 2015
Entroido
Comezan as Entroidadas no cole:
O LUNS NON METAS A PATA E TRAE POSTA UNHA GRAVATA.
Para a hora de biblioteca semanal está o mapa de Galiza con distintas figuras do entroido e a información correspondente.
Campaña de recollida de alimentos
Moitas grazas a todos e todas por colaborar nesta campaña!
Unha pequena mostra de todos os alimentos e produtos de limpeza recollidos. Moitos xa foron enviados aos Servicios Sociais de Rianxo para o seu reparto.
07 febrero 2015
06 febrero 2015
OS BONECOS SACAPENAS
Os bonecos "sacapenas" son o símbolo deste relato que nos abre a porta a outra cultura. Dende hai moito tempo os nenos de Guatemala fabrícanos con pauciños e restos de teas e fíos; á hora de deitarse cóntanlles unha preocupación e déixanos debaixo da almofada para que, ao día seguinte, esperten sen inquedanzas.
05 febrero 2015
Eu son Malala
Dentro das actividades pola Paz pedíuselle aos niveis que investigasen sobre os homenaxeados nos Premios Nobeis 2014. Este é un traballo colaborativo sobre Malala dos nenos e nenas de primeiro e segundo.
04 febrero 2015
Día da Ilustración.Castelao
No Calendario do Libro e da Lectura de Galicia o 30 de xaneiro é o Día da Ilustración , como homenaxe a Daniel Rodríguez Castelao, coincidindo co aniversario do seu nacemento. Para celebrar esta data, no colexio estase dando a coñecer a Castelao nas aulas.Debuxando algún dos seus cadros ou debuxos.Inventando descripcións dos seus cadros, etc.Na biblioteca hoxe comezamos a falar sobre Castelao. A partires do libro de Concha Blanco Do A oa Z con ... Castelao.
Comezaron Santi, Adrián e Celtia pola R pola que fala de Rianxo.
Logo Lauren, Nerea e Rocío coa viaxe de Castelao a América.
Mañá teremos máis. Non volo perdades!
Comezaron Santi, Adrián e Celtia pola R pola que fala de Rianxo.
Logo Lauren, Nerea e Rocío coa viaxe de Castelao a América.
Mañá teremos máis. Non volo perdades!
Día da Candeloria
O 2 de febreiro celébrase o día da Candeloria. Hoxe en día é unha festa relixiosa na que se bendicen as candeas que se usarán na Semana Santa.
Pero esta celebración ven de moi antigo, dos tempos dos celtas. O primeiro día de febreiro celebraban o Imbolc en honor á deusa da nova lúa, a primavera e as correntes mariñas. Poñían unha candea nas ventás e nas habitacións. Era a preparación para a época fértil da terra e o nacemento dos animais.
En Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade primavera. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno.

Que fermosas tarxetas elaboraron os nenos e nenas de primeiro!
Refráns:
Cando a Candeloria chora medio inverno xa vai fóra. Se ri o inverno quere vir.
Pola Candeloria casanse os paxariños e vaise a galiñola.
A partir da Candeloria ningún ave voa soa.
Eu teño alguén no meu corazón
Tema musical que abre o libro-cd-dvd "Xiqui Xoque Fiú Fiú", segunda entrega de María Fumaça, publicado por Editorial Galaxia.
A parte de cantar empregase a Lingua de Signos. A Lingua de Signos é unha lingua máis que se utiliza no noso centro, e que cremos que se debe normalizar.
Proponse aprender o retrouso da canción en lingua de signos e levar unha pegatina corazón no peito na que cada neno e nena escriba o nome do " seu alguén no corazón"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)