Hoxe vos presento un conto moi coñecido de Eva Mejuto, A casa da mosca chosca.
30 abril 2020
24 abril 2020
CONTO SOBRE O COVID-19
Aquí podedes ler o conto escrito pola psicóloga Fernanda Rodríguez Muguruza titulado Bailaremos baixo unha estrela. Ademáis de ofrecer información sobre a prevención do Covid-19, transmite unha mensaxe de esperanza e valor á vida.
Marcapáxinas polo día do libro
Mirade que fermosos marcapáxinas fixo Uxía polo Día do Libro
Recordade que si vos animades a facer vós os vosos marcapáxinas
e queredes compartilo con todos podedes mandarnos foto ao mail
da biblio:
bibliocastelao@gmail.com
Tedes varias ideas na entrada "actividades día do libro"
Moitas grazas tamén a Sabela e Lorena por facernos chegar unha foto das súas fermosas creacións!
E aquí tedes tamén o fermoso marcapáxinas de Elena
Moitísimas grazas a todas por participar.
E vós non vos animades?
Enviádenos as vosas creacións a bibliocastelao@gmail.com (pode ser calquera cousa que se vos ocurra un vídeo contándonos un conto, recitando unha poesía, adiviñas, chistes... un conto feito por vós, unha poesía... un experimento científico... manualidades sobre contos...)
23 abril 2020
23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Ola a todos!
Aquí tedes o álbum coas fotos que me enviastes. Picade na imaxe para ver tódalas fotos.
Moitísimas grazas a todos os que participastes!
Aquí tedes un vídeo con recomendacións lectoras para tódalas idades, incluso para papás e mamás, gravado pola profe Aida (membro do Equipo de Biblioteca)
Ademáis, como hoxe é xoves e non podemos ir á biblio a desfrutar do conto de "O Xoves conto" aquí tedes o enlace ao vídeo dun libro que estou seguro que vos vai gustar. Trátase da historia do libro Todos menos uno.
22 abril 2020
VIDEOCONTOS INCLUSIVOS
Aquí vos propoñemos unha serie de videocontos sobre Inclusión. Moitos destes libros témolos na biblioteca, así que poderedes levalos emprestados cando volvamos á normalidade.
1. POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA
2. O CAZO DE LORENZO
3. JUUL ( a partires de 10 anos)
4. YO VOY CONMIGO
20 abril 2020
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO
Estimadas familias:
Como sei que nestes días tamén estades gozando da lectura quería proporvos unha actividade para celebrar o Día Mundial do Libro, o 23 de abril.
Trataríase de que vos saquedes unha foto co voso libro preferido. Se non tedes o libro, pois podedes facer un debuxo do mesmo.
Logo a mandades ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliocastelao@gmail.com e as miñas axudantes elaborarán unha presentación con tódalas fotos recibidas. Importante: no asunto da mensaxe escribide LIBRO, para que nos sexa máis fácil localizar as vosas fotos.
Logo a mandades ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliocastelao@gmail.com e as miñas axudantes elaborarán unha presentación con tódalas fotos recibidas. Importante: no asunto da mensaxe escribide LIBRO, para que nos sexa máis fácil localizar as vosas fotos.
-Aquí tamén vos ofrecemos este díptico para descargar e colorear. Fai uns anos que o fixemos, pero vós sabedes que é moi importante reciclar, así que imos aproveitalo tamén este ano.
-Necesitades un marcapáxinas? Queredes facer un agasallo polo día do Libro? Picade nas imaxes para saber cómo elaborar estes marcapáxinas tan bonitiños.
Recordade que moitas veces podemos empregar anacos de materiais que temos por ahí e que non usamos. As caixas dos paquetes de cereais ou similares se poden usar en lugar de cartolina se lles poñemos un folio enriba.
Non vos esquezades da importancia da reutilización para coidar o medio ambiente.
Se vos animades a facer algún destes marcapáxinas tamén nos podedes enviar as vosas fotos ao noso enderezo electrónico.
19 abril 2020
DIA MUNDIAL DO LIBRO, 23 DE ABRIL
Aquí vos amosamos o díptico elaborado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional para conmemorar o Día do Libro.
Nesta ocasión cun fermoso texto de Manuel Gago.
16 abril 2020
#EULEONACASA
Xa que non podemos ir á biblioteca buscar libros. Moitas editoriais ofrecen algunhas das súas obras en formato dixital para que todos poidamos seguir lendo durante esta tempada.
1.Temos por exemplo Bahía Edicións, que publica libros en galego. Publicou na súa web varios libros que podedes descargar e ler tranquilamente na casa. Tedes libros a partires de 4 anos. Aquí tedes algúns títulos.
Picade aquí e podedes ver tódolos títulos que ofrecen:
2. Edicións MoitoConto, os creadores da revista O Papagaio tamén teñen na súa páxina web enlaces a algúns números do papagaio. Picade no enlace e botádelles unha ollada: http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html
3. Aira Editorial tamén quere compartir con tódolos lectores o seu novo cómic "Carriandola". Picade na imaxe
3. Aira Editorial tamén quere compartir con tódolos lectores o seu novo cómic "Carriandola". Picade na imaxe
REVISTA "O PAPAGAIO"
Ola a todos!
Como este mes é especial podedes desfrutar da revista O Papagaio en versión dixital.
Botádelle unha ollada que hai cousas moi interesantes.
Como este mes é especial podedes desfrutar da revista O Papagaio en versión dixital.
Botádelle unha ollada que hai cousas moi interesantes.
Retos científicos para quedar na casa
Hoxe propoñémosche que visites a páxina web de arenaria coordinación onde María e David, os nosos científicos de cabeceira, propoñen distintos experimentos e actividades para que aprendas ciencia de forma divertida mentres quedas na casa.
(Pica na imaxe)
Algunhas delas pode que xa as coñezas do noso clube de ciencias "Código ADR" ou da actividade extraescolar do noso cole "Ciencia Divertida".
Anímate e mándanos algunha foto ou un pequeno vídeo (1 ou 2 minutos) facendo algún destes experimentos a bibliocastelao@gmail.com e subirémolo ao blogue.
Ahhh, e non te olvides de deixarnos os teus comentarios!!!!! Que experimento che gustou máis? Houbo algún que non che saleu? Gustaríache que propuxeran algún experimento en concreto sobre algunha cousa? (pica en comentarios xusto debaixo destas liñas)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)