18 abril 2018
11 abril 2018
10 abril 2018
María Canosa. Encontro cos nenos e nenas de terceiro.
O luns 9 María Canosa visitou a nosa biblioteca para falar con nós sobre a súa obra, especialmente sobre o seu libro A cazadora de estrelas.Libro que estiveron a ler os nenos e nenas de terceiro. Aquí tedes o tríptico que elaborou a biblioteca para preparar a súa visita.
06 abril 2018
XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
O Salón do Libro de Pontevedra é un referente para todos os amantes da lectura, dos libros e moi especialmente da literatura infantil. Durante 15 días podedes participar en todo tipo de actividades de animación á lectura e dinamización cultural; así como visitar a exposición dos traballos dos centros escolares e descubrir ao país convidado deste ano, Mexico.
Convidámosvos a todos a facer unha escapada a Pontevedra e descubrir o que o Salón preparou . Estamos seguros de que pagará a pena. Aquí tedes o programa para escoller cando vos achegar. E o enlace á páxina do Salón do Libro,
02 abril 2018
Abril, mes dos libros
Comezou abril, o mes dos libros e chegou o día grande da literatura infantil e xuvenil, o 2 de abril, data escollida por coincidir co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Os libros fan grande o máis pequeno .
É o lema escollido deste ano. Aquí podedes ler o manifesto do Día Internacional do Libro Infantil publicado polo IBBY (International board on books for young people). Este ano Letonia foi o país encargado de realizar o manifesto e o cartel.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)