24 diciembre 2017

Disfrutando do noso


Como xa sabedes este ano o noso PDI

"Letriñas veñen, letriñas veñen e van...
embárcate na lectura que te vas a namorar"

trata sobre o noso, sobre Rianxo,  por eso animámosvos a que aproveitedes estes días de Nadal en familia paseando por distintos lugares do noso concello.  
Aqui tedes información aportada pola Oficina de Turismo de diversos roteiros xeolocalizados que podedes realizar. 



Desexámosvos un feliz 2018 cheo de momentos compartidos en familia e Boas Lecturas!

20 diciembre 2017

"Tempo de acivros, Tempo de libros"


Sempre é un bo momento para agasallar ou que vos agasallen un libro. 
Para que non vos olvidedes de incluír na vosa lista de agasallos de Nadal algún aquí tedes a guía que elaboramos xunto co resto dos colexios de infantil e primaria de Rianxo e a Biblioteca Pública Municipal Castelao.



Boas Festas e Boas Lecturas!

-

18 diciembre 2017

Guía de Lecturas. Tempo de Acivros Tempo de Libros

O venres pasado presentouse no Auditorio de Rianxo o tríptico de recomendacións de lectura das cinco bibliotecas rianxeiras. O noso colexio estivo representado por dous grupos . 
Os nenos e nenas de 2º representaron:
 O UN ERA XAN
 de Maurice Sendak



Algunhas nenas de cuarto:
O lapis Máxico de Malala.  


Foto final do acto.

Fixérono xenial! Como xenial estiveron tamén os nenos e nenas do CEIP Ana Mª Diéguez, do CRA de Rianxo e do Brea Segade. 
Entre todos fixemos unha festa ao redor da lectura e a cultura, co Auditorio cheo para escoitar falar de libros.

26 noviembre 2017

25 Novembro. Rianxo en Negro



O Concello de Rianxo participa na campaña RIANXO EN NEGRO, xunto a máis de cincuenta concellos galegos e as deputacións, unha acción que pretende incidir de xeito eficaz na sociedade para mostrar o rexeitamento cara a violencia contra as mulleres, e que terá como imaxe externa vestir de loito Rianxo, a través das casas, das institucións e dos establecementos comerciais.

O principal obxectivo desta campaña é establecer  repulsa de ante calquera acción violenta por razón de xénero.

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os datos da última enquisa de violencia contra as mulleres realizada en 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella, un 26% violencia psicolóxica de control —celos, control de horarios e actividades etc.— e un 20% violencia psicolóxica emocional —insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc—. Dende 2003 ata maio de 2017, a Delegación de Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España.

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, o Concello de Rianxo está a organizar diferentes propostas. 
Nós sumámonos a proposta de elaborar carteis para os comercios e para o cole.

19 noviembre 2017

25 N. Contra a violencia de Xénero.Anuncios


Catálogo de xoguetes non sexista online 

25 Novembro. Día Contra a Violencia de Xénero.

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.

Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.

Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).
A discriminación das mulleres e a violencia de xénero (como a manifestación máis brutal das desigualdades entre homes e mulleres) é un problema que traspasa fronteiras e que está presente na maior parte dos países do mundo coa particularidade de que as vivencias do maltrato son enormemente parecidas en todos os lugares e culturas.

Deben lembrarse que a violencia é unha estratexia de relación aprendida, non é innata. Se isto fose así, todas as persoas serían violentas ou todas as persoas exercerían a violencia da mesma maneira e no mesmo grao; sen embargo, non sempre a empregamos nas nosas relacións: falamos, negociamos, pactamos, tratamos de comprender o punto de vista da outra persoa e finalmente chegamos a un acordo, aínda que non obteñamos o que en principio queríamos.
Algunhas curtas para traballar este día:



      Arturo e Clementina (7min)       

19 julio 2017

LENDO EN RIANXO


As bibliotecas do municipio de Rianxo temos un compromiso común coa lectura, coa cultura e coa aprendizaxe. 

Pretendemos ser centros de recursos para medrar como persoas e espazos de creación e dinamización cultural. 

Como en anos anteriores, na Feira do Libro deste ano que terá lugar os días 20, 21, 22, e 23 de xullo queremos compartir a nosa experiencia colectiva ao redor da lectura.

Ademais poderedes asistir a moitas actividades interesantes, aquí tedes o programa deste ano.
.


Non debedes faltar!

12 mayo 2017

Enquisa alumnado 2017


A vosa opinión é moi importante para nós. Cubre esta enquisa e axúdanos a mellorar. 



Tedes ata o 26 de maio.

Moitas grazas pola vosa opinión!

11 mayo 2017

Enquisa Familias 2017


Contamos con vós para mellorar!
Dade a vosa opinión sobre o traballo relacionado coa Biblioteca Escolar. Teremos todas as vosas suxerencias en conta!





Tedes de prazo ata o 26 de maio.

Moitas Grazas!

Enquisa profesorado 2017


A vosa opinión é moi importante para mellorar. Con só 5 minutiños bastará!



Tedes ata o 26 de maio.

Grazas por colaborar!

28 marzo 2017

ABRIL MES DOS LIBROS


Achégase abril,e con el unha das datas máis significativas.O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, no que se celebra o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.

Nesta ocasión, a sección de Ibby de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan. O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov pon a imaxe a este cartel que se difunde xunto co texto nas catro linguas do estado.

06 marzo 2017

Proxecto Escornabots. Trivial dos Alimentos



Trivial dos alimentos:

É un xogo que trata de integrar nunha mesma actividade a biblioteca escolar, os Escornabots e o tema da campaña de fomento da lectura.

Consiste en ir movendo o Escornabot polo taboleiro e responder preguntas.

As preguntas agrúpanse en catro categorías temáticas. As casiñas do taboleiro tamén teñen estas categorías.

Instrucións:
-  Lánzase o dado para decidir quen empeza. No noso caso,
 o que saque o número maior.
-  Colócase o Escornabot na casiña de saída.
-  Lánzase o dado e introdúcense no Escornabot as
 instrucións para movelo o número de casiñas 
que indica o dado.
-  Se as instrucións do Escornabot son incorrectas,
 pérdese a quenda.
-  Unha vez na casiña correspondente, o xogador/equipo
 contrario colle unha tarxeta da categoría que indica a 
casiña e realiza a pregunta.

 -Se o xogador acerta a pregunta, gaña un tapón da cor desa categoría e pasa a quenda ao
 seguinte xogador/equipo. 
Se a resposta é incorrecta, non recibe o tapón e tamén pasa a quenda ao seguinte.

O xogador/equipo que consiga un tapón de cada cor (son 4 en total), gaña a partida.


-  S
segu

11 enero 2017