30 octubre 2019

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2019-2020


A semana pasada celebramos a inauguración da biblioteca para este curso. Como este ano a temática do noso PDI é a ciencia e o medio ambiente propuxemos que cada nivel ou cada aula fixese unha mascota feita de refugallo e a levara á biblioteca. Tamén se visionaron diferentes curtas sobre o medio ambiente.
Como en anos anteriores, algunhas aulas aproveitaron para facer o marcapáxinas e tamén para ler un conto na biblioteca.





Espéranos un curso moi entretido e interesante porque xa sabedes que mezclar ciencia e lectura é unha loucura!

SAMAÍN 2019



Outro ano mais celebramos o Samaín no colexio. Como ben sendo costume, o equipo de Biblioteca e o EDLG traballamos conxuntamente para preparar esta xornada que tanto lle gusta ao noso alumnado.
Moitas cabazas viñeron decoradas coa temática de ciencia e o medioambiente. Aquí podedes ver uns exemplos.




Ademais, os alumnos de 5º B prepararon unha obra de teatro moi divertida. Para rematar todos cantamos a canción Medo me da, de María Fumaça.
Aquí tedes algunhas imaxes de todas as cabazas que se fixeron e da nosa celebración. Picade  na imaxe para ver máis fotos.


Samaín
                                              
Que ben o pasamos!




27 octubre 2019

CURTAS SAMAIN 2019


Aquí podedes ver as curtas de medo que proxectaremos esta semana durante os recreos na biblioteca.

1. A incrible historia da nena paxaro e o neno terrible. (  11 min.)


2. Os difuntos falaban castelao. ( 9 min)


3. Carabuñas. (11 min.)


4. La pantera rosa. Pánico rosa. (  5 min.)



5. La pantera rosa. Sangre rosa. (7 min.)



Vinde pasar un anaco terrorífico con nós!

MOCHILAS VIAXEIRAS



Outro curso máis comezamos coas mochilas viaxeiras para todo o centro, tanto en infantil coma en primaria.
Como sabedes, estas mochilas conteñen lecturas en galego, castelán e inglés. Tamén podedes atopar un DVD.
Outro ano mais agradecemos á BPM de Rianxo pola súa colaboración emprestándonos libros para adultos para poder completar estas mochilas.





Esperamos que vos gusten!

20 octubre 2019

LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES 2019-2020


A Dirección Xeral de Centros e Recusos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" . Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece una imaxe múltiple e evocadora de diversas situación que unha biblioteca escolar pode facilitar.

Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre una reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecementeo, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.



17 octubre 2019

CURTAS INAUGURACIÓN CURSO 2019-2020


1. CAPITÁN VERDEMÁN: Superheroe da reciclaxe ( 6 min.)





 2. BASURIA: campaña de concienciación para fomentar  a reciclaxe . ( 3 min.)




3. EQUILIBRIUM: como vivir en harmonía co noso medio ambiente ( 3  min.)






4. DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE: "CUIDA EL AGUA" (2 min.)




4. RESPONSABILIDADE AMBIENTAL (10 min.)




16 octubre 2019

VISITA SOBRE O COIDADO DO MONTE E A BIODIVERSIDADE


O mércores 16 de outubro visitaron a nosa biblioteca Ánxela e Juan. Ámbolos dous pertencen á Plataforma pola Defensa do Monte e estiveron cos nenos e nenas de 2º  para explicarlles a importancia de coidar os nosos montes e a biodiversidade.

Despois de conversar, manipular diferentes sementes e escoitar a lectura do conto Lume!, os alumnos/as realizaron unha plantación de carballos coas ladras que Ánxela e Juan lles trouxeron.
Ademáis, agasallaron a cada neno/a cun sobre qué contiña sementes de árbores autóctonas: loureiro, carballo, castiñeiro, nogueira e piñeiro. Deste xeito, poderán plantar estas árboles coas súas familias.
Moitas grazas pola vosa visita Ánxela e Juan!
Esperamos que volvades pronto con máos información interesante sobre os nosos montes!

Aquí podedes ver varias fotos da visita. Picade na  imaxe.

COIDADO DO MONTE

                   


PDI 2019-2020: CIENCIA E MEDIO AMBIENTE



Este ano o noso Proxecto Documental Integrado  (PDI) xira en torno á ciencia e ao medio ambiente.
Coma todos estes anos anteriores, fixemos un concurso para escoller o lema deste curso.
Os gañadores foron os alumnos e alumnas da clase de 1º A co lema: Ciencia e Lectura, que loucura!
Mirade que contentos se puxeron. Noraboa!  







Moitas grazas a todos pola vosa participación.

09 octubre 2019

MALETA VIAXEIRA: POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

Estes días temos no colexio unha maleta viaxeira prestada pola rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estará no centro ata o 4 de novembro.
A temática desta maleta é Por unha biblioteca inclusiva.
Podedes vir polas tardes, de 16:00 a 18:00 horas a ler estes interesantes materiais.
Lembrade que non se poden levar en préstamo xa que non pertencen á nosa biblioteca.





Animádevos!

02 octubre 2019

COLGADOIROS HORA DE LER


Aquí podedes ver os colgadoiros deste curso. 
Aquí tedes o modelo para colorear



  E este xa está pintado.

       


Así lle quedaron aos alumnos e alumnas de 1º A, bonitiños, verdade?


Estes son os marcadores de páxinas para colorear.