31 marzo 2015

Novos libros

Amizades secretas de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Marta Altés cóntanos a historia de dúas familias que van a coincidir nunha casa: a dos tratos con tres crías e a dos humanos cunha nena. Non queda máis remedio que adiviñar entre quen se establecerá esa amizade secreta.

Viaxe a Dragonia con texto e ilustración de Xan López Domínguez conta unha historia de dragóns, libros perigosos e magos. Unha divertida historia con personaxes tan marabillosos coma a bruxa Herminia todo dulzura e disposición, tan estrafalarios como o dragón Bambalum coas súas sete cabezas,... 

30 marzo 2015

Familia e a lectura. Animarse a ler o artigo.

É un feito recoñecido por todos os especialistas en educación o importante papel que a familia ten na trasmisión de valores e hábitos, entre eles o hábito lector. No interesante artigo de Pilar Sampedro na revista para as familias da CGENDL, "Ollos de aula"deste mes recóllense argumentacións moi interesantes sobre este tema:


Novos libros

A rula, o peluche e a nena de Paco Martín, acaba de saír do forno.
Unha familia de rulas con dúas fillas. Unha delas moi curiosa, descobre un oso nunha galería. Cando fala con el, cóntalle que nesa casa vai nacer unha nena, e decide agardala. Non se irá a países máis quentes, non acompañará aos pais e á irmá porque se quedará nesta casa para coñecer á cría dos humanos.
Que hai que facer neses caso? Como sobrevivir nunhas temperaturas que non che corresponden? Como alimentarse cando xa non hai sementes nos campos? Como manterse en forma no medio do inverno?
Pero a historia irá máis lonxe, porque o oso tamén quere coñecer mundo... e lograrao, vaia se o logrará!

Noutra cor, o autor diríxese á nena nunha conversa paralela á historia.



De cristal, é o título da última obra de Silvestre Gómez Xurxo que fala da vulnerabilidade. Cinco relatos, cinco, sobre a indefensión do ser humano.


Feitizo de sangue é a segunda entrega de "As crónicas de Landereina", de Sabela González.
Historias do ben e do mal, de illas de sabios e segredos de montañas, do poder e o destino, do bosque e dos feitizos, de maixas e amuletos... Son horas de retomar a triloxía das mulleres e continuar acompañándoas polos camiños da literatura.


O veleno da risa é a última entrega  de "Un misterio para Tintimán" (neste caso en Lugo)"Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial".
Despois de Corazón de chocolate (situada en Compostela), A coroa de Napoleón (situada na Coruña)
Amor de serea (en Vigo), a carretera lévanos a Lugo e a súa muralla. Sempre da man das historias de Jaureguizar e das ilustracións de José Matalobos.
Outra novela con continuidade é a de Xenaro (con x de Xan de Xiao e de Xaime), neste caso a entrega leva o título de Xenaro e a negra sombra. Mar Guerra continúa debullando historias arredor dos personaxes xa coñecidos, e acompáñase das ilustracións de Fernando Llorente Sagaseta. Outros títulos: Xenaro e o misterio da mochila verde e Xenaro e a hucha do indiano...

26 marzo 2015

ContaContos Iago

Hoxe estivo coas aulas de primeiro e segundo na biblioteca o contador Iago. Veunos contar contos do libro Augusta e os seus medos de Sabela Fernández Trelles.
Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas... Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Algunhas fotos do encontro.

25 marzo 2015

Maletas Viaxeiras

Apareceron tres Maletas Viaxeiras polo colexio cheas de libros. Unha apareceu na biblioteca, outra na aula de catro anos de infantil e outra nun corredor.Veñen acompañadas dunha carta da nosa Xoubiña.
Algunhas fotos da aula de infantil. Grazas a BPM de Rianxo por prestarnos as maletas e os libros para poder levar a cabo esta actividade. A maleta do corredor de primeiro e segundo. A maleta apareceu nun lugar máis alto. Aquí vemos unha aula descubrindo a maleta. Esta é a maleta que apareceu na biblioteca para terceiro.

23 marzo 2015

Día mundial da poesía

O 21 de marzo celébrouse o “Día Mundial da Poesía” . Atopamos este material elaborado pola biblioteca Soños do Andel. Raioteca. CEIP  Andrade de Pontedeume . Unha recopilación de poesías relacionadas co mar. O MAR EN POESÍA. si o queredes empregar nas vosas "Hora de Ler".


20 marzo 2015

20 de marzo. Día da Poesía.

Onte os nenos e nenas de primeiro sacaron os seus libros de poesía ao patio e fixeron alí a súa Hora de Ler . Recitaron poesías para os seus compañeiros do libro :"A casa de había unha vez".
Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre, que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar.

17 marzo 2015

AVES DE GALICIA

Aves dos hábitats: urbanos, das zonas húmidas, e da campiña atlántica. A ver si acertas o seu nome. Pincha na imaxe e terás a solución.Conjunto de Fichas creado con ExamTime por palolarodriguez AS IMAXES SON DA EXPOSICIÓN AVES DE GALICIA DO CEIDA. SON EMPREGADAS CON FINS EDUCATIVOS SI HAI ALGÚN PROBLEMA RETIRÁMOLAS.

16 marzo 2015

EXPOSICIÓN AVES DE GALICIA

Coñece as sorprendentes aves de Galicia e as súas sorprendentes viaxes.

De Ribeira  ou Rianxo a Estonia, da Pobra a Alemania, das marismas  a Finlandia. Estos son solo algúns dos exemplos dos milleiros de kilómetros que percorren algúnhas das aves . 
As aves as grandes viaxeiras!
Durante tres semanas temos a exposición  Aves de Galicia, do CEIDA ,con fermosas ilustracións e información a cerca delas e das súas viaxes. Está montada na aula de vídeo xa que a biblioteca quedábase pequena.
Aquí vemos a algún grupo buscando información sobre as aves. Facendo os seus debuxos e aprendendo moitos nomes de aves.


CONTACONTOS A GUERRA DOS NÚMEROS





Cando tivemos a Maleta Matemática aos nenos e nenas de 1º gustoulles moito o libro A guerra dos números de Juan Darién. Esta é  unha imaxinativa historia que nos fala de números e conceptos matemáticos como a resta, pero tamén nos fala da paz, da tolerancia e o non conflito. 
Así que prepararon na súa clase o conto. Aos números puxéronlles ollos, bocas,..., Prepararon o teatrillo e cando tiveron todo listo viñeron avisar polas clases.
No recreo cos "títeres números" contáronos esta divertida historia.
Moi ben nenos e nenas!


14 marzo 2015

DE CATRO A CATRO. CATRO SINGRADURAS EN HONRA A MANUEL ANTONIO


Baixo o titulo de De catro a catro: catro singladuras en honra de Manuel Antonio, a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organiza unha serie de actos para homenaxear ao ilustre rianxeiro Manuel Antonio.

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O venres 27 de febreiro inaugurouse o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Este ano leva por título 
DA CIENCIA Á FICCIÓN
Con un pouco de retraso chegounos ao centro a información que vos repartimos.
O Salón estará ata o 28 de marzo.Hai unha exposición dos traballos escolares. Fabulosos! e numerosas actividades na fin de semana.
 Noraboa a todos os centros de ensino que participan no Salón.
Noraboa ao Salón do Libro de Pontevedra por crear, cada ano, un mundo máxico ao redor da lectura e por ofertar un programa de actividades de tantísima calidade.
Non deixedes de visitar o Salón! Ide en familia! Merece a pena!
A ver si algún ano nos animamos a participar neste Salón!

11 marzo 2015

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

A semana do 9 ao 13 de marzo está dedicada no calendario escolar á prensa. 
Na biblioteca está montada a exposición de 
Xornais do Mundo. Línguas do mundo
Quen fai o xornal? Seccións do xornal
Partes da noticia.
Sabemos que a gran maioría das aulas está a traballar estos días coa prensa. Unhas fotos dos nenos e nenas de primeiro e terceiro na súa clase e na biblioteca.




Atopamos este material elaborado pola biblioteca do CEIP Quintela de Moaña cuns obxectivos  diferentes e progresivos. En Infantil  que identifiquen as cabeceiras, os titulares, distingan noticia de anuncio e vaian coñecendo as seccións do xornal. 

Semana da prensa i nfantil 2015 from bibliotecadocole
Materiais para 1º, 2º ,3º


Materiais para 4º,5º e 6º de Primaria.

04 marzo 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora. Na biblioteca do Castelao unímonos á celebración dese día .
   Por que esa data?

O día 8 de marzo de 1857 un grupo de obreiras dunha empresa téxtil de Nova York decidiron facer folga para protestar polas duras condicións nas que traballaban.

A partir desa data empezáronse a levar a cabo diferentes movementos de mulleres que reivindicaban o seu dereito a participar na sociedade en igualdade cos homes.

Nalgúns países de Europa empezouse a celebrar este día o 19 de marzo de 1911 para conmemorar que as mulleres de Prusia conseguiran o dereito ao voto o 19 de marzo do 1848.

No ano 1910 en Dinamarca, nunha conferencia de mulleres traballadoras, decidiuse declarar o 8 de marzo como Día da Muller Traballadora.

Xa no 1975, As Nacións Unidas declaran este día como Día Internacional da Muller.


Ofrecémosvos os seguintes recursos:

Exposición de libros na biblioteca.

03 marzo 2015

Cantares Gallegos. Rosalía de Castro

Vede este traballo de ilustración feito sobre Cantares gallegos polo alumnado do centro IES Blanco Amor

Maleta Matemática

Aos nenos e nenas de 3º B os libros que máis lle chamaron a atención foron os dous que tiñan que empregar os espellos e ir descubrindo as letras ou descubrindo novas figuras.

¡Mira otra vez!: Utiliza el espejo para encontrar pares de opuestos.Birmingham, Duncan. 

Ediciones la vasija."E" de espejo: encuentra las figuras escondidas.Birmingham, Duncan. Edilar


Cuenta ratones . Stoll Walsh, Ellen.Fondo de Cultura Económica gustoulles para contar no Xovesconto. Comezaremos a preparalo.


01 marzo 2015

Maleta Viaxeira Matemática

Na súas sesións de biblioteca as aulas de 1º visitaron a biblioteca  para descubrir os libros expostos da maleta matemática. As mestras comentáron algúns deles e leron pequenos fragmentos dos mesmos. De repente apareceron moitos números entre os nenos que se aproveitou para facer o contacontos do libro 
A guerra dos números de Juan Darién. 
É unha imaxinativa historia que nos fala de números e conceptos matemáticos como a resta, pero tamén nos fala da paz, da tolerancia e o non conflito. 

Despois os nenos e nenas dramatizaron este conto.


 Falóuselle aos nenos sobre os libros de xogos matemáticos os nenos e nenas manipularon os libros, e para rematar os nenos xogaron co tangran.

Pasaron un bo rato entre números, historias e xogos matemáticos!

Encontros con escritoras

Esta semana, coincidindo coa estancia na nosa escola da Maleta matemática, tivemos a presentación de 
Leandro e os números de Rocío Peréz Castro e Lidia Brea Pedreira. 








Fixemos dúas sesións. Unha primeira coas clases de 1º e 2º e outra coas clases de catro e cinco anos de infantil. 
Os nenos e nenas puideron escoitar a Rocío contar o seu conto e despois traballaron con ela sobre os números que aprendeu Leandro e ata cantaron unha canción. Deixounos unhas fichas dos números que levaron para as aulas para colorealas.
Tivemos a sorte de saber de Rocío e do seu Leandro porque a maleta xa estivera antes no colexio Brea Segade de Taragoña. Decidimos convidala ao cole e Rocío aceptou vir para ter este fabuloso encontro. Os nenos e nenas de primeiro elaboraron este monstriño con unha tarxeta de agradecemento e Rocío deixounos esta dedicatoria no noso libro de visitas.




Moitas grazas Rocio por estar con nós e presentarnos o teu libro! Gustounos moito a túa visita e  o teu libro. Esperamos que non tardes en voltar con  outro libro!
Dentro de pouco o libro de Leandro xa estará en préstamo.

Flores a Rosalía.

O venres celebramos a homenaxe a Rosalía. Levabamos toda a semana traballando nas aulas sobre a súa vida e a súa obra .Unha das propostas era elaborar Flores a Rosalía. A maioría das clases sumáronse a esta proposta e así o venres saíron moitísimas flores da man dos nenos con este poema de Rosalía.Unha mágoa que non puidemos sacar fotos de todos os nenos e nenas!


Dinche o corazón na man
Dinche o corazón na man
Dincho queridiña enteiro
Coa primeiriña esperanza
Co pensamento primeiro.

Dincho cal neno que nase
De ilusións brancas cuberto
Caraveliño cerrado
Ao teu calor dulce aberto.

En solitarios herbales
Era rosiña escondida
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.

E como frol sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E sólo onde ti vivía
E de ti lonxe muchaba.

Queremos lembrar a importancia que Rosalía ten para a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade.
Aínda temos pendente os recitados, rapeados a Rosalía. Estes celebraranse ao longo desta semana.

Eu son Rosalía

Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque..../cando...../para…” 
Aquí temos a Mauro: