Na súas sesións de biblioteca as aulas de 1º visitaron a biblioteca para descubrir os libros expostos da maleta matemática.
As mestras comentáron algúns deles e leron pequenos fragmentos dos mesmos.
De repente apareceron moitos números entre os nenos que se aproveitou para facer o contacontos do libro
A guerra dos números de Juan Darién.
É unha imaxinativa historia que nos fala de números e conceptos matemáticos como a resta, pero tamén nos fala da paz, da tolerancia e o non conflito.
Despois os nenos e nenas dramatizaron este conto.
Falóuselle aos nenos sobre os libros de xogos matemáticos os nenos e nenas manipularon os libros, e para rematar os nenos xogaron co tangran.
Pasaron un bo rato entre números, historias e xogos matemáticos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario