29 abril 2021

XOVES CONTO

 Este xoves traémosvos o conto "Unha parella diferente", de Daniela Kulot. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!




26 abril 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO

 Aquí tedes aos nenos e nenas de 1º A e 1º B recomendándonos os libros que máis lles gustan.

  Se queredes ver tamén as recomendacións de 5º e 6º picade   AQUÍ



Uxía, Xoel, Gael e Irina de 1º A



 
             

                             Cloe e Erick de 1º B




                        Pablo, Adriana I. e Alba de 1ºA



                                           Julia, Xiana e Josué de 1º A



Leyre, Marcelo e Rodrigo de 1º A


Mencía Macarena de 1º B e Lois e Martiño de 1º A


Marta, Luís, Antonia e Hugo de 1º A




Moitísimas grazas rapaces!


23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Para conmemorar este día tan especial preparamos unha actividade titulada " Viaxa cun libro". Cada aula tiña que escoller un lugar do mundo e o libro ou lenda que mellor o represente para elaborar nunha cartolina a portada de dito libro ou unha imaxe da lenda.

Preparamos un mapa do mundo e pegamos  as ilustracións arredor do mesmo. Aínda non o temos rematado pero vai quedar ben xeitoso, verdade?


Xa case está...                                                       

 







Ademais, as aulas fixeron diferentes actividades.

Aquí tedes unha mostra do que fixeron as aulas de segundo de primaria. Como vedes, montaron un fermoso mural con debuxos dos seus libros favoritos.






 
Coma en anos anteriores fíxose o xogo do amigo invisible entre o profesorado.






20 abril 2021

COMPROMETIDOS CO MEDIO



O pasado venres a rapazada  de cuarto curso do noso centro fixo unha saída ata a praia de Tanxil para valorar o impacto dos residuos no medio mariño. Despois dunha emocionante caza do tesouro, recolleron lixo para facer un cribado nas aulas e analizar o tempo que tardarían eses residuos en desaparecer do medio.
No paseo pola praia atoparon unha grata sorpresa. Un vale para un libro escrito por Francisco J. Aboy Losada, escritor rianxeiro. Un final inesperado para unha xornada emocinante.




 










 

19 abril 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Empezamos a recibir as recomendacións lectoras dos nosos booktubers de 5 e 6.

Comezamos con Ismael Ferreirós de 5 A


Tamén se animou Cynthia da mesma aula.


Esta semana animouse Daniela de 5 C





Moitas grazas!

Ah! E se vos apetece  contarnos un conto tamén podedes ( a familia tamén pode participar). Xa sabemos que iso vos levará moito máis tempo e por iso recibiredes dobre agasallo. Animádevos!

16 abril 2021

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

 A nosa proposta para o alumnado de terceiro ciclo para conmemorar o Día do Libro é a seguinte:


Animádevos!


12 abril 2021

NOVIDADES MES DE ABRIL

 Entre algunhas das novidades deste mes poderedes atopar libros con CDs e tamén varios libros sobre o Nicolasiño de Goscinni







ENREGUÉIFATE 2021

 

Este luns o alumnado de quinto participou nun obradoiro que forma parte dun proxecto organizado polos concellos de Ames, Teo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Rianxo  co que se pretende difundir a improvisación oral en galego a través dun xénero tan galego como a regueifa.
Podedes picar na imaxe para acceder a toda información sobre o proxecto


Estas son algunhas imaxes do obradoiro.
Un pequeno vídeo










07 abril 2021

ACTIVIDADES MES DE ABRIL

 Durante o mes de abril a aula de segundo B estivo lendo, recitando, ilustrando...  poesías do fermoso libro  Vento, ventiño, venteiro de Antonio García Teijeiro.  

Aquí tedes a Efrén, Eloi e Lara recitando algúns dos poemiñas que máis lles gustan.


Tamén se animaron Saray e Zoey.







Moitas grazas rapaces e familias por compartir estes vídeos con todos nós!