12 diciembre 2011
10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
06 diciembre 2011
XA ME TARDAN ESTES MAGOS
Mamá Cabra acaba de sacar un novo libro-disco
Xa está dispoñible na biblioteca.
Hai clases que xa están aprendendo algunhas destas cancións para a semana que vén cantar Cantos de Reis na biblioteca.
Non sabes o que son os Cantos de Reis? ( Leo na entrada de abaixo en "Falando, falando e co galego xogando")
_
FALANDO, FALANDO E CO GALEGO XOGANDO
Sabedes o que son os Contos e Cantos de Reis?
Ídevos informando xa que se está preparando algo... Manterémosvos informados!
BUBISHER
Grazas ó esforzo destes escritores e de moitas persoas esta iniciativa medra cada vez máis.
(Para máis información picade na imaxe)
Moitas bibliotecas escolares de Galicia estanse sumando á iniciativa de doar un albúm ilustrado para aumentar os fondos do Bubisher.
E, por suposto, o colexio A.D.R. Castelao de Rianxo tamén se suma.
Eleximos o libro Enamorados de Rebeca Bautremer da editorial Kónikos.
Un fermoso libro ilustrado que dentro de pouco lles enviaremos e estamos seguros lles vai encantar.
.
Día da Constitución
19 noviembre 2011
CONTOS CON ARTISTAS
2º A quere que disfrutedes de "As Cores de Leonardo da Vinci"
2º B espera que vos guste "Un Cadro Feito por Amigos"
2º C agasállavos co conto "Una Escuela en el Bosque"
.
Poemiñas e cancións para nos divertir!
Coñecedes algún outro que vos gustaría compartir con todos? Pois escribídeo nos comentarios! Si queredes tamén poden ser refráns, adiviñas... incluso as podedes inventar vós.
.
16 noviembre 2011
A maldición do Magosto
O Magosto xa está aquí!
Ola a todos e todas
Este venres, día 18, celebraremos o Magosto.
Esperemos que non chova!
Xa estades traendo as castañas, os froitos do outono, decorando os pasillos, recompilando adiviñas, refráns... visitando as exposicións sobre as froitas e froitos do outono...
E, por suposto, como moitos de vós nos comentastedes que vos gustaron as curtas do Samaín...
VENDO CURTAS DO MAGOSTO NOS RECREOS!!!
Non te enterastes? Pois, aínda estás a tempo. Ademais, cada día é unha diferente.
Por certo, mañá xoves 17 haberá un CONTACONTOS MOI ESPECIAL.
NON FALTEDES!!!!!
_
09 noviembre 2011
Exposición sobre Castelao
Estes días estivo na Aula de Video unha exposición sobre un dos veciños ilustres do noso pobo, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao polo que recibe o nome o noso colexio.
Aprendemos moitas cousas sobre él e as cousas importantes que pasaron na súa vida.
Xa que este curso a campaña da biblioteca é sobre Arte centrámonos tamén na súa faceta de artista. Ademais, deixovos aquí un vídeo que atopei en youtube onde podedes ver os seus debuxos, pinturas, caricaturas...
Xa saíron as Mochilas Viaxeiras!
A semana pasada o equipo de biblio, axudado por uns magníficos colaboradores, xa repartiu as Mochilas Viaxeiras a tódalas aulas. Agora só tedes que esperar a que viaxen ás vosas casas. Moitos de vós non facedes máis que preguntar asi que, aquí vos deixo a proba de que xa sairon. Esperamos que poidades disfrutar delas o ante posible.
Este ano por primeira vez incluímos un libro para os papás e mamás. Queremos agradecerlle á Biblioteca Municipal que nos emprestara os libros xa que nós non temos literatura de adultos. MOITAS GRAZAS, SOFÍA!!!
Por certo, PAPÁS e MAMÁS animámosvos a que vaiades á Biblioteca Municipal e, de paso que os "peques" da casa collen libros para eles, lle votedes un vistazo á sección de adultos e desempolvedes os vosos carnés de biblioteca.
Que foi o que máis vos gustou das Mochilas Viaxeiras que tivestedes na casa ata o momento? Que vos gustaría que houbese nelas e non hai? Esperamos os vosos comentarios!!!!
.
24 octubre 2011
UN SAMAÍN DE MEDO
Gústanvos os contos de medo?
E as pelis de medo?
Sodes atrevidos?
Sodes dos que non lle tedes medo a nada...
Non vos perdades esta semana as curtas que proxectamos durante o recreo na biblioteca.
Cal foi a que máis medo vos deu? Cal foi a que máis vos gustou?
Gustouvos esta actividade? Queredes que a repitamos máis veces? Que tema vos gustaría?
24 de outubro, DÍA DA BIBLIOTECA
Hoxe é o Día da Biblioteca e por iso, decidimos comezar neste día tan sinalado a "inauguración oficial" da biblio no curso 2011-2012.
Hoxe foron á biblioteca os máis pequerrechiños do cole, os nenos e nenas de 3 anos. Ao longo desta semana e da que vén iremos todos/as á biblioteca a recordar as normas, ver o novo mural da porta e facer actividades especiais relacionadas coa arte.
Irémosvos contando o que fan os pequenos grandes artístas dos vosos compañeiros/as.
A que xa vos apetece saber que ides facer vós?
Deixovos aquí o cartel que Emma Ríos, artista galega que traballa en Marvel Cómics, diseñou para celebrar este día nas Bibliotecas Galegas. (Si picades no seu nome tedes máis información sobre ela e os cómics que axudou a debuxar)
28 septiembre 2011
Benvidos ó curso 2011-2012
Ola a todos e todas. Benvidos de novo ó cole!
A música fai que estemos alegres. Por iso, para empezar con moito ánimo este curso escolar, a banda da Escola de Música de Rianxo invitounos o pasado martes día 20 ao Auditorio Municipal a escoitar o concerto "As músicas no cinema infantil".
A verdade é que o pasamos moi ben recordando as nosas pelis favoritas: La Sirenita, Aladdín, La Bella y la Bestia...
Que parte do concerto che gustou máis? Por que?
07 septiembre 2011
Que linguas falas?
Queridos amigos/as:
Os alumnos/as de 5º C estiveron moi atarefados a finais do curso pasado recadando datos sobres as linguas que se falan entre nós. Entrevistaron a 80 persoas entre familiares, amigos e veciños! Moitas grazas a todos os que colaborastedes.
Este traballo ía ser publicado na revista escolar "Ondiñas veñen" pero por misterios da informática non foi posible. Aproveitamos para facer público aquí o resultado do seu traballo. Sentimos moito o ocurrido.
A Xoubiña Castelao
07 junio 2011
SALVANDO LIBROS
.
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
.
.
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propia Consellería a que nos invisibiliza?.
Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)
O claustro de profesores do C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo apoia unánimemente este escrito.
19 mayo 2011
04 mayo 2011
2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES
A ONU declarou o 2011 Ano internacional dos bosques; por este motivo, desde o 2º trimestre, vimos realizando actividades relacionadas co medioambiente encamiñadas a coñecelo mellor e fomentar o seu coidado facendo un especial fincapé na importancia da reciclaxe.
Estamos preparando unha exposición con todos os traballos que aportaron as familias feitos con material de refugallo sobre a temática do mar e o medioambiente. Está quedando chulísima.
Pero... aínda a estamos ambientando entre todos. Pedímosvos, queridas familias, que agardedes un anaquiño máis pois abrirémola para que a vexades co gallo da celebración do Día Mundial do Medioambiente, 5 de xuño.
Manterémosvos informados. Estamos seguros de que estades desexando vela xa toda rematada ó igual que todos nós!
Se premedes na imaxe tedes máis información sobre os bosques e a súa importancia para todos nós.
Os que queirades podedes ir dándolle pequenas pistas ás vosas familias ou comentando que foi o que elaborastedes para a exposición. Recordade, o blog aliméntase dos vosos comentarios.
A música dos "peques" do cole
Darabuc
Podedes atopalo na sección de Novidades.
Non vos olvidedes de ler a súa fermosa dedicatoria para o noso cole.
Se queredes coñecer un pouco este libro premede sobre a imaxe e se queredes saber máis sobre él podedes visitar o seu blog no enlace que hai no seu nome.
Moitísimas grazas Darabuc!
01 abril 2011
Con ollos de xornalista
Como xa mencionamos anteriormente, o 28 de marzo veu unha periodista do xornal galego ``La Voz de Galicia´´ ao noso centro. O alumno de 6ºA David Galbán Ces fíxolle unha entrevista, que quere compartir aquí con todos vós:
Nome: María
Idade : 29 anos
De pequena que querías ser?
Avogada
Como xurdiu a idea de ser xoxrnalista?
Cando iba en 5º de E.G.B. parecíame divertido.
Cando publicaches o teu primeiro artículo?
Con dezaoito anos. Facendo as miñas promeiras prácticas. Iba en primeiro de carreira.
Cal foi a noticia máis impactante que fixeches?
Unha sobre un neno de nove anos que escribiu un libro contando as súas experiencias mentres superaba o cáncer.
En que sección che gustaría máis traballar?
Na que traballo: Sanidade
Canto tempo che leva facer un reportaxe?
Depende, pero mais ou menos 2 horas.
Recibiches malas críticas?Tanto boas coma malas.
Cal foi a noticia máis grande que publicaches?
Una sobre uns mariñeiros aos que non lle deixaban pescar no Gran Sol, en Cedeira.
Como te enteras das noticias?
Polas fontes informativas, pero sobre todo falando coa xente na rúa.
Traballas na casa ou noutro sitio?
Traballo na oficina, pero tamén, coma dixen antes, na rúa.
Cantas noticias publicas ao día?
Gustache dar charlas?
Moito
Les o periódico ou entéraste das cousas no traballo?
Leo moitos periódicos.
Se puideras ter calquera traballo, cal sería?
Este
Que hai que facer para ser xornalista?
Estudar xornalismo e gustarche ler e escribir.
29 marzo 2011
MARZO, MES DA POESÍA
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía coincidindo co comezo da primavera. Estes días temos a sorte de ter no colexio a Maleta Viaxeira de Poesía da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Os libros están expostos dentro da biblioteca para que todos poidamos desfrutar deles con moito agarimo.
Ademais, están previstos varios recitais poéticos na biblioteca ó longo desta semana para os cales seleccionamos poesías que falan do mar.
Manterémosvos informados e sacaremos moitas fotos para poñer na páxina web.
_
Mil cousas poden pasar...
... e unha delas é que Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador de libros como A gardería de Dona Bixelmina, A pedra e as formigas, Mil cousas poden pasar... e de cómics como Los amigos de Archimboldo Roque visite o COLEXIO.
Pois si, hoxe os alumnos de 6º, 1º e 2º quedaron entusiasmados cando puideron coñecer a Jacobo.
Pero Jacobo tamén quedou contentísimo ó ver todo o que traballaran os alumnos/as para decorar a biblioteca con cómics, ilustracións dos seus personaxes, as portadas dos seus libros... e incluso unha pequena representación do seu libro A pedra e as formigas.
NENOS CON OLLOS DE XORNALISTA EN RIANXO
.
Este luns día 28 de marzo unha xornalista que, por certo vive aquí en Rianxo, e unha "cámara" de La Voz de Galicia visitaron o colexio dentro das actividades da Semana da Prensa e da Muller traballadora (8 de marzo, que coincidiu coas vacacións de entroido). Pero, para que vos vou contar máis... deixemos que sexa ela mesma quen nos faga a crónica da súa visita porque
SAIMOS NO XORNAL.
A verdade é que ós alumnos/as de 4º, 5º e 6º fíxolles moita ilusión.
Si picades na foto poderedes ler o artigo en La Voz de Galicia. es
Treasure Island
O pasado venres 25 de marzo o alumnado de primaria foi ó Auditorio Municipal a ver
" Treasure Island",
unha versión da obra A Illa Do Tesouro de Robert Louis Stevenson adaptada pola compañía Face to Face.
Pola cantidade de gargalladas que se oíron, incluso ata fóra da sala, debéronno de pasar moi, pero que moi ben.
Que foi o que máis vos gustou?
Non sexades tímidos/as deixade os vosos comentarios!
Si picades na foto poderedes ver a galería de fotos que está colgada na páxina web do cole.
O Noso Mundo, O Noso Futuro, A Nosa Opción
Neste trimestre, ademais de continuar traballando a campaña de lectura sobre o mar, estamos traballando diversos temas relacionados co medioambiente; por iso, e xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, trouxemos ao colexio a exposición do CEIDA " O Noso Mundo, O Noso Futuro, A Nosa Opción" que o alumnado visitou entre o 15 e o 23 de marzo na Aula de Video.
O alumnado que visitou a exposición realizou diversas actividades: desde visionar o documental a buscar información nos paneis, escoitar a historia do Rainbow Warrior... e todos e todas sairon convencidísimos da importancia de COIDAR O MEDIOAMBIENTE.
Si picades encima dos logos poderedes ver máis información sobre a exposición e o CEIDA.
04 marzo 2011
"O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"
Ola a tod@s:
Onte os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria pasáronno en grande coñecendo a Pescada e ós seus amigos da man dunha cociñeira e dun pescador ben simpáticos.
A que o resto tamén tedes gañas de coñecelos?
Pronto será posible. Cargade ben as pilas comendo peixe durante estas vacacións de entroido e á volta, o venres 11, o resto dos alumnos de Primaria poderedes disfrutar coas súas aventuras.
Mentres tanto podedes premendo na foto tedes un enlace á páxina da Xunta desta campaña con debuxos, fondos de escritorio, xogos, contos...
Por certo, que tal a fideúa de mexillón e o resto dos pratos que comeredes no comedor? Cal é o que máis vos gustou? Cal foi o máis orixinal?
Esperamos os vosos comentarios!!!
04 febrero 2011
A expedición dos libros
01 febrero 2011
Hoxe visítanos María Menéndez-Ponte
Ola a tod@s, hoxe visita o cole a persoa que me inventou, María Menéndez-Ponte, que vén para falar cos nenos e nenas de 3º e 4º sobre un amigo meu "Retoñito". Esta noite paseime pola biblioteca, que está super chula, porque os nenos e nenas crearon os seus propios "Retoñitos" para que María os vexa. Estou seguro de que lle encantará.
Eu disfruto moitísimo cada vez que María inventa novas aventuras das que son protagonista e me fan aprender moitas cousas. Espero que o pasedes tan ben con ela como o paso eu cada vez que algún neno ou nena abre algún dos meus libros e me fai vivir aventuras. E no vosos cole vívoas tódolos días.
Moitas Grazas!
Pupi
Xa falei coa xoubiña Castelao para que os profes saquen moitas fotos e as poñan na páxina do cole.
Vicente Muñoz Puelles
A semana pasada os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria tiveron o pracer de coñecer ó autor de La expedición de los libros, Vicente Muñoz Puelles. Díxome un paxariño que ó autor lle encantara todo o esforzo e agarimo con que os rapaces lle demostraran o entusiasmo que despertara o seu libro neles sobre todo por todo o traballo que se tomaron para facer os murais, os traballos e a orixinalidade demostrada ó permitir que os libros "cobraran vida".
Aquí tedes unha foto da súa visita ó noso cole. Pronto estarán na páxina web do cole máis fotos. En canto estea lista a galería enlázoa desde o blog.
Non vos olvidedes de comentar qué foi o que máis vos gustou, sorprendeu, ou recomendar o libro (xa que sei que a moitos de vós vos encantou pero aínda non o vin pola sección de recomendacións).
Enhoraboa a tod@s polo esforzo e por facer que o autor se sentise tan a gusto.