12 abril 2024

CONTACONTOS: LUIS VALLECILLO

 Hoxe tivemos un contacontos musical da man de Luis Vallecillo.

Os alumnos de 1° e 2° pasárono xenial.



Grazas Consorcio Editorial por esta actividade.

11 abril 2024

BOOKTUBERS

 Xa están empezando a chegar os vosos vídeos. Mirade o que nos mandou Nico, da aula de 4 anos B.


Moitas grazas Nico, fantástica recomendación!

E agora tamén podedes ver as recomendacións de Úrsula de 1° A, Mencía Macarena de 4°B e Mateo de 5° A.


Moitas grazas rapaces! Estamos tomando nota!

Seguimos con máis recomendacións. Aquí podedes ver a Diego, de 4 anos A, Mauro, de 2° A e Sara de 3°B.


Magníficas recomendacións!

Xa recibimos máis recomendacións. Nesta ocasión podedes ver os vídeos de Andrea de 1° A, Estela de 3°B,  Uxía Bastos de 3° B, Ángel de 1° A e Pedro de 6° B.


Libros ben interesantes!

VISITA DE AUTORES: ANTÍA YÁÑEZ

 Hoxe recibimos a visita de Ántía Yáñez. 

Estivo coa rapazada de 5° de E.P. para falarlles do seu libro Plan de rescate.



10 abril 2024

ACTIVIDADE "RECOMENDACIÓNS LECTORAS: BOOKTUBERS"

 



 A actividade vai dirixida a todo o alumnado do centro. 
Non fai falta que os vídeos estén moi elaborados xa que nós despois temos que xuntar varios para subilos a Youtube. Tedes de prazo ata o 23 de abril.

Pasade un momento divertido gravándovos na casa!

Moitas grazas pola vosa colaboración!




16 marzo 2024

DÍGOCHO EU: PRAIA

 A rapazada de 5º A e 5º B estivo preparando na materia de Proxecto Competencial uns vídeos do "Dígocho eu". 

Empezamos amosándovos o primeiro capítulo sobre a praia, protagonizado por Noa e Xinrui. Esperamos que vos guste. Axiña subiremos máis!




15 marzo 2024

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO DE TÍTERES

 Esta semana os rapaces e rapazas de 4° de E.P.  desfrutaron dun obradoiro de monicreques.

Mirade que ben o fixeron!




13 marzo 2024

11 marzo 2024

EXPERIMENTANDO NA TELE

O ano pasado a rapazada de 6° de E.P. foi á TVG e participou nun programa de experimentos chamado "Pim-Pam experimenta".

Aquí tedes a participación de 6° A.

Picade na imaxe para ver o ben que o fixeron!



 

04 marzo 2024

NOVIDADES MES DE MARZO

 Aquí tedes as últimas novidades que xa temos na biblio. Podedes atopar, entre outras historias, as novas aventuras de Perrock Holmes ou  da señorita Bubblé. Tamén tedes moitas lecturas en lingua galega e varios cómics.






28 febrero 2024

CELEBRACIÓN 8 MARZO

 Este ano imos facer un acto en colaboración cos rapaces e rapazas  do instituto para conmemorar o Día da muller trabaladora. Para iso reunirémonos todos na praza Castelao o venres 8 de marzo.

Levaremos un mandil que colocaremos a xeito de capa e cantaremos "Nais e avoas" da cantante Pauliña.

Aquí abaixo tedes o enlace á canción e a letra para que vaiades practicando

https://youtu.be/ou5U7zMhZus?si=448R8ciBaVSdtdAg

E esta é a actividade que imos realizar no cole.








27 febrero 2024

Concurso logo ANPA Os Gudiños

 Ola a tod@s!

A  ANPA do Castelao necesita un logo!  Animádevos a participar no concurso!















Aquí tedes toda a información




06 febrero 2024

DIA DE INTERNET SEGURA

 Hoxe a rapazada de 5° participou nunha actividade en liña para conmemorar o Día de Internet Segura.





05 febrero 2024

OBRADOIRO EN FAMILIA

 Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron as familias no obradoiro do venres pasado.



Grazas profe Tere por esta actividade!

30 enero 2024

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz.  

Como tódolos anos xuntámonos todo o cole no porche de infantil para realizar un acto.

Un grupo de rapaces de 6° A e 6° B leron un manifesto e amosáronnos tamén unha presentación. Para rematar cantamos a canción Paz, paz, paz de Juanes.




26 enero 2024

CHARLAS "COME LOCAL"

 Esta semana os rapaces e rapazas de 5° e 6° recibiron unhas charlas da campaña  "Come local" na que está participando o colexio.



25 enero 2024

Obradoiro en familia: Elaboración dun conto multisensorial

Se vos gustan os contos, as manualidades, aprender cousas novas... pasa unha tarde diferente en familia.

O vindeiro 2 de febreiro de 16 a 18 horas, dentro do programa Lectura e Familias e en colaboración coa ANPA Os Gudiños, haberá o seguinte obradoiro na biblioteca escolar





Pica na imaxe e anótate xa!

 

19 enero 2024

OBRADOIROS SOBRE ENERXÍA

 Esta semana tivemos uns obradoiros sobre enerxía a cargo da Fundación Naturgy nos que participou todo o alumnado en diferentes quendas.

Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas das actividades que realizaron.