17 diciembre 2015
Outra novidade
Teño uns pés perfectos está publicado por Kalandraka con texto de María Solar e ilustracións de Gusti.
O personaxe principal , Melchor Sabichón, preséntase ao concurso Na busca do neno máis listo pero, malia ter preparado moitos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro, que lle facilita a nai, todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos. Descobre, ao rematar o concurso, que o próximo pásanos moitas veces desapercibido.

Libro escrito con humor, destinado a lectores autónomos que queiran saber moito sobre pés.
Publicado en Rede Lectura.
16 diciembre 2015
Tempo de acivros, tempo de libros 2015
Aquí tedes o tríptico de recomendacións lectoras e audiovisuais para agasallar ou que vos agasallen elaboradas polas bibliotecas do:
CEIP ADR Castelao de Rianxo
CEIP Ana Mª Diéguez de Asados
CEP Brea Segade de Taragona
IES Félix Muriel
Biblioteca Pública Municipal
BOAS FESTAS E BOAS LECTURAS!
05 diciembre 2015
Presentación da guía de lectura.Tempo de Acivros Tempo de Libros
O venres 11 de decembro as 19:00 horas no auditorio de Rianxo faremos a presentación da guía de lectura: “Tempo de acivros, tempo de libros”. Na cal vos propoñemos una escolma de lecturas e música.Neste acto participaremos co: C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados, C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña, I.E.S. Félix Muriel de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)