27 noviembre 2020

APRENDENDO COS ESCORNABOTS #ESPAZO FEDELLEIRO

 Aquí podedes ver aos nenos e nenas das aulas de 4 anos aprendendo a utilizar os escornabots xogando nun taboeiro do coñecido conto Corre, corre cabaciña.

Mirade que ben o pasaron!






26 noviembre 2020

XOVES CONTO

 Este xoves presentámosvos o vídeo do conto Cuando las niñas vuelan alto, de Raquel Díaz Reguera que nos fala sobre a igualdade entre nenos e nenas.

Esperamos que vos guste.




25 noviembre 2020

CONMEMORACIÓN 25N: "FABRICANDO LUZ"#BibliotecasSTOPViolencia

 Este ano decidimos ilustrar a canción "Fabricando Luz" de A Banda da Loba. Decidimos dividir a canción en varios anacos e así cada aula ilustrou nunha cartolina o seu cachiño. Esperamos que vos guste o resultado final.




23 noviembre 2020

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Durante as vindeiras semanas poderedes disfrutar duns interesantes obradoiros de Ciencias na biblioteca. Debido a tódalas medidas hixiénicas que temos que seguir polo Covid-19 só puidemos preparar tres estacións xa que nos quedamos sen espazo.



As nosas propostas son:


-Mesa 1: 

*Torso humano.

*Mesa de luz con radiografías do corpo humano.

-Mesa 2: 

*Microscopios de mesa e de man con diferentes mostras.


-Mesa 3: 

*O Branco Non Pinta (libro).

*Prismas (descomposición de luz con lanternas).

*Experimento individual: Disco de Newton. (Suxerimos que pintedes os discos de papel, os recortedes e os peguedes no CD na biblioteca,  logo acabades a montaxe nas aulas). 

Recordámosvos que os CDs están nunha caixa na biblioteca e o resto do material, cortizas e bólas, están na aula de valores do pavillón principal.






Esperamos que aprendades e gocedes moito con esta experiencia!


20 noviembre 2020

CONMEMORACIÓN 25N#BibliotecasSTOPViolencia


Xa tedes á vosa disposición unha exposición de libros de temática relacionada con esta celebración. O lema elixido para esta ocasión é "As cores non teñen xénero"Os titores podedes levar o libro que queirades para a vosa aula. Non esquezades anotarvos no caderno que está encima do expositor. Todas as aulas estades convidadas  a decorar o mural con palabras relacionadas con esta temática. Os nenos de terceiro foron os primeiriños en comezar. Agora xa temos moitas máis palabras.



Tamén hai unha carpeta con diverso material: fichas de comprensión lectora de Irina Bailarina e Artur e Clementina, unha adaptación do cómic O País dos Mandóns, así como exemplos de tarxetas para elaborar cos alumnos.

Dado o seu recente pasamento, queremos aproveitar esta ocasión para homenaxear ao humorista gráfico Quino
Aquí podedes ver unha presentación sobre el e a súa obra elaborada polo equipo da biblioteca.





Tamén tedes na exposición o libro Femenino Singular , cunha selección de todas as tiras feministas de Mafalda.





Tamén ilustraremos entre tódalas aulas a canción A fábrica da luz, de A banda da Loba.


Cando teñamos feita a presentación colgarémola aquí.


Se tedes algunha manualidade ou debuxo que queirades compartir con nós podedes enviala ao noso correo: bibliocastelao@gmail.com co asunto 25 N. Iremos subíndoos ao blogue.







 

1º EXPERIMENTO CLUB DE CIENCIA: O DISCO DE NEWTON

 Esta é a primeira proposta do Club de Ciencia para que poidades experimentar nas aulas. Nesta ocasión trátase da elaboración do Disco de Newton.

Aquí tedes toda a información:


Esta é o modelo para imprimir e poder levar a cabo a actividade:



Animádevos!

19 noviembre 2020

XOVES CONTO


Este xoves presentamos este conto titulado Felipe tiene gripe. Tamén o temos na biblioteca. É un conto con rimas moi divertido. Esperamos que vos guste.




 


16 noviembre 2020

MÁIS NOVIDADES

                        INFANTIL E 1º CICLO                                           





                                              2º 3º CICLO                                        







                     LIBROS DE CONSULTA E REVISTAS                     













 



10 noviembre 2020

CONCURSO DE CARAUTAS DO SAMAÍN

 O I Concurso de Carautas do Samaín foi todo un éxito.

 Temos que agradecervos  a vosa colaboración.

Neste  vídeo podedes ver os gañadores e gañadoras das diferentes categorías.






Graciñas!


06 noviembre 2020

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA CURSO 2020-2021

 

Durante esta semana, diferentes aulas viñeron ata a biblioteca a celebrar a inauguración deste curso.

Visionaron un powerpoint coas normas da biblioteca adaptadas ao protocolo Covid e fixeron diferentes actividades.

Picade na imaxe para ver máis fotos.