Aquí podedes ver aos nenos e nenas das aulas de 4 anos aprendendo a utilizar os escornabots xogando nun taboeiro do coñecido conto Corre, corre cabaciña.
Mirade que ben o pasaron!
Aquí podedes ver aos nenos e nenas das aulas de 4 anos aprendendo a utilizar os escornabots xogando nun taboeiro do coñecido conto Corre, corre cabaciña.
Mirade que ben o pasaron!
Este xoves presentámosvos o vídeo do conto Cuando las niñas vuelan alto, de Raquel Díaz Reguera que nos fala sobre a igualdade entre nenos e nenas.
Esperamos que vos guste.
Este ano decidimos ilustrar a canción "Fabricando Luz" de A Banda da Loba. Decidimos dividir a canción en varios anacos e así cada aula ilustrou nunha cartolina o seu cachiño. Esperamos que vos guste o resultado final.
Durante as vindeiras semanas poderedes disfrutar duns interesantes obradoiros de Ciencias na biblioteca. Debido a tódalas medidas hixiénicas que temos que seguir polo Covid-19 só puidemos preparar tres estacións xa que nos quedamos sen espazo.
-Mesa 1:
*Torso humano.
*Mesa de luz con radiografías do corpo humano.
-Mesa 2:
*Microscopios de mesa e de man con diferentes mostras.
-Mesa 3:
*O Branco Non Pinta (libro).
*Prismas (descomposición de luz con lanternas).
*Experimento individual: Disco de Newton. (Suxerimos que pintedes os discos de papel, os recortedes e os peguedes no CD na biblioteca, logo acabades a montaxe nas aulas).
Recordámosvos que os CDs están nunha caixa na biblioteca e o resto do material, cortizas e bólas, están na aula de valores do pavillón principal.
Esperamos que aprendades e gocedes moito con esta experiencia!
Esta é a primeira proposta do Club de Ciencia para que poidades experimentar nas aulas. Nesta ocasión trátase da elaboración do Disco de Newton.
Aquí tedes toda a información:
O I Concurso de Carautas do Samaín foi todo un éxito.
Temos que agradecervos a vosa colaboración.
Neste vídeo podedes ver os gañadores e gañadoras das diferentes categorías.
Durante esta semana, diferentes aulas viñeron ata a biblioteca a celebrar a inauguración deste curso.
Visionaron un powerpoint coas normas da biblioteca adaptadas ao protocolo Covid e fixeron diferentes actividades.
Picade na imaxe para ver máis fotos.