Hoxe vos presentamos un vídeo dun poema de Rosalía de Castro elaborado polos alumnos do CEIP Pousada Carcacía.
Tamén amosamos un vídeo elaborado polos alumnos do cole Juan Rey de Lourenzá sobre a vida de Rosalía de Castro.
Hoxe vos presentamos un vídeo dun poema de Rosalía de Castro elaborado polos alumnos do CEIP Pousada Carcacía.
Tamén amosamos un vídeo elaborado polos alumnos do cole Juan Rey de Lourenzá sobre a vida de Rosalía de Castro.
Aquí vos presentamos unha pequena mostra das actividades que realizaron as diferentes aulas para conmemorar este día tan especial, o Día de Rosalía de Castro.
As aulas de cuarto de primaria escribiron anacos de poemiñas en cadros de metacrilato que logo se colgaron no pavillón principal. Tamén fixeron un flip-book sobre Rosalía de Castro, un monicreque articulado e están elaborando un títere de Rosalía.
As aulas de segundo fixeron as flores a Rosalía, prepararon un broche e investigaron sobre a obra de Rosalía de Castro.
As aulas de 3 e 4 anos elaboraron un collage sobre a figura de Rosalía.
As aulas de 5 anos fixeron unha ficha sobre Rosalía e escoitaron varios dos seus poemas
As aulas de primeiro realizaron tamén diversas fichas sobre a obra de Rosalía e aprenderon algúns dos seus poemas.
Tamén fixeron uns títeres de Rosalía xa que participan, xunto con outras aulas do cole, nuns obradoiros do Proxecto Barriga Verde sobre o títere tradicional. Tedes a información no seguinte enlace:
https://www.facebook.com/371478046277214/posts/3740445199380465/
As aulas de terceiro fixeron as flores a Rosalía cunha poesía, diferentes fichas sobre a súa vida e obra e están elaborando un títere que rematarán nos próximos días.
As aulas de quinto elaboraron as flores a Rosalía e fixeron diferentes actividades propostas no blogue da biblioteca.
As aulas de sexto realizaron tamén diferentes actividades sobre a vida e obra da autora.
Ao longo desta semana intentaremos subir máis fotos.
Hoxe compartimos un xogo de escapismo sobre Rosalía de Castro elaborado por dúas mestras moi xenerosas: Ana Sánchez e Alba Carril. Canto sabedes de Rosalía?
Esperamos que vos guste!
Aquí amosámosvos unha presentación sobre Rosalía con moitísima información sobre a súa vida e obra, así como diferentes actividades para todos os ciclos. Esta presentación foi realizada por unha mestra doutro cole chamada Marta. Moitas grazas pola túa xenerosidade profe Marta.
Botádelle unha ollada!
Un xoves máis traemos outro vídeo-conto. Esperamos que vos guste.
Este ano non puidemos celebrar o Día da Paz todos xuntos, pero celebrámolo igualmente dun xeito moi especial.
Cada aula escolleu un cadro e "deulle unha volta" cambiando o sentimento que aparecía no cadro por outro. Así, neste vídeo, podedes ver os artistas e os cadros que cada aula elixiu e a transformación que lle fixeron á súa obra.
Deste xeito tamén traballamos a ilustración.
Aquí podedes ver o mural informativo sobre o movemento No More Matildas que colocamos no pavillón principal.
Este xoves presentamos o vídeo do conto Las niñas serán lo que quieran ser, de Raquel Díaz.
Esperamos que vos guste.
Este curso, como é moi complicado que todas as aulas poidan vir ao Espazo Fedelleiro xa que as nosas aulas son moi numerosas, o Equipo de Biblioteca decidiu levar os materiais e xogos ás aulas para que poidades seguir fedellando.
Preparouse unha caixa con diferentes materiais para cada nivel. Os titores serán os encargados da desinfección e cuarentena das mesmas, así como da supervisión do correcto uso dos materiais que conteñen ditas caixas.
Tamén faremos un calendario para que poidades levar a mesa de luz ás vosas aulas.
Estamos organizando o espazo para que poidades usar o croma.
Como podedes ver, algunhas aulas xa nos enviaron fotos amosándonos o ben que o pasan cos xogos destas caixas.
Picade na imaxe para ver máis fotografías.
Mañá é 11F. Día Internacional da Muller e da Nena da Ciencia 2021.
Dende o Club de Ciencia este ano propoñemos apoiar e facer visible o movemento #NoMoreMatildas.
Esta campaña denuncia o fenómeno coñecido como "Efecto Matilda", onde moitas científicas foron relegadas ao esquecemento, xa que os seus méritos foron desfrutados por homes do seu círculo (compañeiros ou familiares), simplemente polo feito de seren mulleres. Ao mesmo tempo, esta campaña intenta recuperar o protagonismo desas científicas que nunca deberon ser invisibles.
É unha campaña iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), co fin de fomentar a vocación científica en nenas e adolescentes, así como aumentar a presenza de mulleres científicas obviadas nos textos escolares.
Aquí podedes ver o vídeo da campaña.
Aos Bolechas tamén lles gusta moito o Entroido. Picade na imaxe para descubrir cousiñas ben curiosas desta antiga tradición.
Este ano tamén celebramos o día da Candeloria. Mirade que tarxetiñas máis xeitosiñas fixeron os de primeiro.