31 enero 2020

CHARLA SOBRE PLANTACIÓN E REFORESTACIÓN


Hoxe estivo con nós Emilio Saborido, membro da asociación Fousas ao monte, quen veu darlles unha charla ao alumnado de 4 de primaria sobre plantación e reforestación.


Estiveron atentísimos xa que para o vindeiro mes irán prantar eles mesmos ao monte.

TRABALLAMOS O DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de segundo de primaria traballaron a biografía do artista urbano Bansky con motivo do Día da Paz.






30 enero 2020

DIA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz e a non violencia no colexio.
As aulas decoraron o símbolo da paz para logo adornar o colexio. Tamén se propuxo facer unha receita para conseguila paz, por iso cada aula escolleu un ingrediente para elaborar esta receita.
 Aquí podedes ver unhas imaxes do ben que o pasamos.





BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIROS DE E-TÉXTILES


Este venres 24 de xanairo leváronse a cabo na nosa biblioteca uns obradoiros de experimentación sobre E- téxtiles a cargo de Paola Guimaráns, especialista en educación na área de e- téxtiles e impulsora da iniciativa educativa aula STEAM.
O alumnado de 4 de primaria tivo a sorte de experimentar con circuitos e papel, circuitos e téxtiles, e un obradoiro de Makey Makey en Scratch. Unha nova e divertida forma de aprender e combinar arte, ciencia e tecnoloxía.






13 enero 2020

MALETA VIAXEIRA: CIENCIA EN PRIMARIA

Xa temos na biblioteca a segunda maleta viaxeira emprestada pola asesoría de bibliotecas escolares.
Desta vez, o contido da maleta é a ciencia. Podedes atopar moitos títulos interesantes sobre animais, experimentos, mulleres científicas, o espazo, etc.
Recordade que podedes coller e ler os libros desta maleta durante os recreos e tamén polas tardes, de catro a seis. Xa sabedes que non se poden levar emprestados.