31 marzo 2023

MULLERES EXCEPCIONAIS

Aquí está o resultado final do proxecto Dálles voz. Fixemos unha parte para o 25 N e rematamos o proxecto para o 8M. Cada clase escolleu unha muller e fixo o debuxo nunha caixa. Logo investigou sobre a súa vida e cubriu unha ficha con diferente información. Por último, cada clase gravou un audio con información sobre a muller escollida e crearanse uns códigos QR para pegalos nas caixas e así poder ver a presentación e escoitar os audios coas tablets.



ACTIVIDADES 8 M

 Aquí tedes unha mostra dalgunhas das actividades que realizaron as aulas para conmemorar este día.








24 marzo 2023

VISITA DE FON

 Hoxe estivo con nós, Fon, autor e ilustrador do cómic Cósmico, o bombeiro galáctico. Nesta ocasión estivo cos nenos e nenas de 1°.


Pasárono xenial!

21 marzo 2023

VISITA DE PERE TOBARUELA

 Este luns Pere Tobaruela estivo co alumnado de 5° para falarlles do seu libro Formigas, misión Rosalía.

Foi un pracer recibirte de novo na nosa biblioteca.




17 marzo 2023

12 marzo 2023

SENSIBILIZACIÓN A TRAVÉS DO XOGO CON AMICOS

 

Os nosos amigos da Asociación  Amicos volveron un ano máis ao noso cole a propoñernos interesantes actividades. 

Este ano, trouxéronnos uns xogos xigantes para sensibilizarnos sobre a importancia da reciclaxe e a contaminación do medio mariño.

Aquí tedes unha pequena mostra das actividades realizadas.





10 marzo 2023

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

 Hoxe sacamos os pinceis ao porche...e así de chulo quedou o noso porche de primaria. 

Este mércores, 8 de marzo,  a rapazada de sexto elaborou un mural colaborativo. Este mural  foi pintado con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes que absorven e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases nocivos.

Cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que provoca unha árbore adulta.

Os rapaces e rapazas de 5º decoraron bolsas de tea empregando as mesmas pinturas.

Trátase dun proxecto escolar pola sostibilidade levado a cabo pola Fundación Abanca. 

Aquí tedes unha mostra do que fixeron.





05 marzo 2023

OBRADOIROS DE ROBÓTICA

 Durante esta semana o alumnado de 6º de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou nuns obradoiros de Robótica impartidos por Arenaria. Durante estas sesións traballaron nuns paneis sobres os ODS e contidos de sostibilidade con escornabots. Tamén con paneis sobre a fauna mariña e o corpo humano. Ademáis, fixeron construccións con Lego Wedo e puxéronas en marcha.

Aquí tedes un pequeno vídeo para que vexades o ben que o pasaron e o moitísimo que aprenderon.















01 marzo 2023

VISITA DE ROSA ANEIROS

 O luns tivemos a visita da escritora Rosa Aneiros. Esta vez veu conversar co alumnado de 3° e 4° de Primaria.