30 octubre 2014

Unha visita esperada.

O martes a segunda hora da mañá virán as madriñas e padriños lectores do IES Felix Muriel para contarnos Contos do Mundo.
Estarán cos cursos de primeiro a cuarto.

Mochilas viaxeiras







As mochilas comezaron as súas viaxes hai máis ou menos un mes. Estes son os libros cedidos pola BPM para as mochilas. Este curso ademáis do libro para adultos tamén nos emprestou libros infantís. Moitas grazas por colaborar coa nosa biblioteca!

O Samaín

O Samaín from Ronsel de Ideas on Vimeo.

29 octubre 2014

CURTAS SAMAÍN

APRENDIZ DA MORTE.

Unha pequena Morte ten que pasar un examen nunha escola situada no Triángulo das Bermudas, ante os ollos do seu pai e de  outros compañeiros e respectivos proxenitores que tamén simbolizan a morte noutras culturas. Pero a el non lle gusta matar, e prefiere outro tipo de diversións menos macabras.

24 octubre 2014

Formación de usuarios. Mestres

Si queremos manexarnos ben na biblioteca e fundamental coñecer as normas e o seu funcionamento.
Esta guía está pensada para os mestres e mestras.

Que precisar saber sobre a biblioteca?

22 octubre 2014

Samaín

Como xa se está achegando o tempo do Samaín. Este curso imos cantar todos xuntos a canción de Paco Nogueiras No Samaín incluído no seu último libro CD- DVD Brinca Vai!




Ollos pintados, bruxas con sombreiro,

nenos que brincan para coller os caramelos.

Palabras máxicas, feitizos moi vellos.

No Samaín todo semella verdadeiro…"

Para que poidades practicar nas vosas casas.

14 octubre 2014

Pitiño Branco Comeza a Escola

Os nenos e nenas de 3 ANOS A e B traballaron a partir dunha idea orixinal dos pequerrechos de Bea do CPI Camiño de Santiago (O Pino) un poema de Azucena Arias Correa titulado: As dúbidas do pitiño.
Este fermoso poema, serviulles aos máis pequechos e pequechas do cole para vivir e revivir da man do seu protagonista, -un pitiño branco de crista vermella- os nervios da noite anterior, a ledicia por todas as cousas novas que levaría na súa mochila, a incertidume ante o descoñecido: resto de nenos e nenas, profes, aula, patio..., nervios, inseguridades... e un senfín de sentimentos e emocións propios dos días do período de adaptación.

Velaí vos presentamos a primeira secuencia de aprendizaxe dos nenos e nenas de 3 ANOS... fantástica!

Ver máis información no blogue Sonrisas y Mandilones.

13 octubre 2014

Colaboradores

Esta foi a primeira xuntanza cos nosos colaboradores e colaboradoras. Esta semana comezan a realizar as súas funcións.

Este o compromiso que cubriron e asinaron os colaboradores e colaboradoras da biblioteca

Postais

Cando se fai unha viaxe hai unha bonita costume que é enviar unha ou varias postais da cidade ou pobo que se visita.
Por si vos apetece escribir algunha a : un amigo ou amiga, a un tío ou tía, avó ou avoa,....
Deixovos un modelo de postal. Pinchade nesta palabra postal.

White Raven 2014

Entre as obras seleccionados nesta prestixiosa lista dos mellores libros de literatura infantil e xuvenil, destacaron este ano as obras
Nicomedes o pelado de Pinto & Chinto publicado por Kalandraka e Galiño pelado da autoría de Paula Carbonell e Philip Giordano de OQO Edicións.


Os White Raven son seleccionados pola Internationale Jugendbibliothek de Múnic.

10 octubre 2014

Mes da Biblioteca Escolar


Este mércores 8 de outubro dentro das actividades relacionadas co Mes da Biblioteca Escolar houbo unha exposición de libros relacionados co mundo e coas matemáticas (tema destacado polas Bibliotecas Escolares de Galicia este ano).

A actividade realizada coa colaboración da librería Aenea de Santiago de Compostela serviu para seleccionar entre todos, profesorado, alumnado e equipo de biblioteca, fondos para a nosa biblioteca. 
Todos os grupos foron pasando pola biblioteca e escolleron algúns libros. Ao ter o prezo moitos decatáronse do prezo real dos libros e o que custaba ter unha biblioteca.
Fixeron grandes cálculos!

Ademais, aproveitamos para falar de libros e da lectura.

Un pequeno vídeo que recolle o paso das aulas pola exposición.

07 octubre 2014

Xa temos lema!!!


                      As votacións foron as seguintes:

Lema: "Un mundo de lecturas,
            un mundo de culturas."       124 votos

Lema: " Un mundo por ler,
             un mundo por coñecer."       68 votos

Lema: "Lendo, lendo, lendo...
            o mundo percorrendo."       173 votos



Elixindo lema para a campaña deste curso


  Moitas grazas a todos e todas por enviarme as vosas postais con esos fermosos lemas.
  É moi difícil elixir un polo que vos propoño que o seleccionemos entre todos. 
  Estes son os tres que máis me gustan.




   Estou desexando saber cal dos tres preferides!

                                                                   A Xoubiña Viaxeira.