30 enero 2024

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

 Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz.  

Como tódolos anos xuntámonos todo o cole no porche de infantil para realizar un acto.

Un grupo de rapaces de 6° A e 6° B leron un manifesto e amosáronnos tamén unha presentación. Para rematar cantamos a canción Paz, paz, paz de Juanes.




26 enero 2024

CHARLAS "COME LOCAL"

 Esta semana os rapaces e rapazas de 5° e 6° recibiron unhas charlas da campaña  "Come local" na que está participando o colexio.



25 enero 2024

Obradoiro en familia: Elaboración dun conto multisensorial

Se vos gustan os contos, as manualidades, aprender cousas novas... pasa unha tarde diferente en familia.

O vindeiro 2 de febreiro de 16 a 18 horas, dentro do programa Lectura e Familias e en colaboración coa ANPA Os Gudiños, haberá o seguinte obradoiro na biblioteca escolar





Pica na imaxe e anótate xa!

 

19 enero 2024

OBRADOIROS SOBRE ENERXÍA

 Esta semana tivemos uns obradoiros sobre enerxía a cargo da Fundación Naturgy nos que participou todo o alumnado en diferentes quendas.

Aquí tedes unha pequena mostra dalgunhas das actividades que realizaron.