Animarse a participar nesta campaña!
31 enero 2015
Sacapenas polo mundo
Durante esta semana tivemos Conta Contos pola Paz nos recreos. Este foi o primeiro que se contou. Contouno Gabriel o martes e logo contoullo o mércores aos nenos e nenas de Educación Infantil.
O venres non houbo Conta Contos, debido a que os nenos e nenas tiveron que quedar nas clases no recreo polo mal tempo, polo que queda aprazado para este luns.
Xoves Conto
29 enero 2015
Conta Contos pola Paz. SACAPENAS
Gabriel contounos o martes un conto que elaboraron entre os nenos e nenas da clase baseándose no libro Sacapenas.
Os sombreiros, os zapatos, as nubes, a chuvia, os paxaros xigantes... Bieito vive amolado polos seus temores, pero a súa avoa ten unha solución. O segredo está nuns bonecos orixinarios de terras lonxanas. Anthony Browne (ilustración) Chema Heras e Pilar Martínez (traducción)
Os bonecos “sacapenas” son o símbolo deste relato que nos abre a porta a outra cultura. Dende hai moito tempo os nenos de Guatemala fabrícanos con pauciños e restos de teas e fíos; á hora de deitarse cóntanlles unha preocupación e déixanos debaixo da almofada para que, ao día seguinte, esperten sen inquedanzas.
Este é o fermoso conto elaborado na clase.

28 enero 2015
EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA A PAZ.
Unha pequena exposición de libros relacionados coa Paz. Durante esta semana só estarán en prestamo para as aulas.
27 enero 2015
QUERIDA MALALA
Unha fermosa presentación sobre Malala dende o CEIP Plurilíngüe de Andrade.Pontedeume
Tamén un pequeno cuestionario:
21 enero 2015
Canción para o día da Paz.
Esta vai ser a canción que cantemos todos xuntos no acto do Día da Paz. No Dudaría de Antonio Flores.
Podedes ir practicando!
20 enero 2015
19 enero 2015
HISTORIA DE MALALA
O réxime talibán prohibiu a asistencia a escola das nenas no val do río Swat (Pakistán) entre 2003 e 2009 onde residía Malala Yousafzai coa súa familia. A idade de 13 anos, alcanzou notoriedade ao escribir un blog para a BBC baixo o seudónimo Gul Makai, explicando a súa vida baixo o réxime Talibán.
Como consecuencia do seu activismo o 9 de outubro de 2012, foi vítima dun atentado por un miliciano dun grupo terrorista vinculado aos Talibáns.Despois de abordar o vehículo que servía como autobús escolar,disparoulle en repetidas ocasións cunha pistola impactándolle no cranio e no pescozo.
Tras a súa recuperación foron moitos os recoñecementos e premios internacionais que recibiu pola súa labor en pro do dereito á educación ata que o 10 de outubro de 2014 foi condecorada co Premio Nobel da Paz xunto a Kailash Satyarthi activista polos dereitos dos nenos, convertíndose na gañadora máis xoven de este premio.
Vídeo de entrega dos premios Nobel a Malala e Kailash Satyarthi. Pincha aquí.
Na páxina de Actiludis podrás atopar:
Este comic a cor e en branco e negro sobre a vida de Malala que é unha adaptación ao castelán da tira do debuxante Zen Pencils gracias aa Miguel de la Rosa Zurera.
E tamén frases para la Paz y la Educación de Malala Yousafzai para descargar.
Dende o blog da biblioteca escolar “El gusanillo por la lectura” do CEIP Vicente Aleixandre de Torre del Mar (Málaga), Mª del Carmen Fernández Ruiz atopamos esta webquest, dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Pincha aquí.

Coñecendo Arxentina
O venres seguimos descubrindo países. Nesta ocasión foi Fabián o pai de Diego e de Rodrigo o que nos falou sobre o seu país Arxentina.
Estivo cos grupos de infantil de 5 anos e logo con 5º C.
Foinos mostrando, moi amablemente fotos do seu país e falándonos de tradicións, dos límites, do relevo, da hidrografía,folckore,...
Gustaríanos coñecer o Glaciar Perito Moreno, as cataratas do Iguazú, aos gauchos arxentinos, e saborear os asados, ....
Moitas grazas por colaborar co proxecto da biblioteca e co colexio!

Rianxo en poemas.
Estes poemas elaboráronse o curso pasado traballando a poesía de Antonio García Teijeiro os nenos e nenas inventaron poesías e ilustracións sobre Rianxo . Agora poñémolos en forma de libro dixital e ademais tamén o atoparedes impreso na sección de documentación no número 4 As Nosas Creacións.
18 enero 2015
Outro Premio Nobel da Paz do ano 2004
Wangari y los árbores da paz . Una historia verdadera, de Jeanette Winter. Ediciones Ekaré.Refixemos un pouco a ficha de traballo do libro.e sirvenos para coñecer a outra Premio Nobel neste caso que loitou contra a deforestación en África.
Wangari y los árboles de la paz from mgutierreza1967
Outra presentación que nos fala de Wangari e do seu país Kenia. Pincha aquí. Coñecer os massai, os cultivos, ...
Ademais se pinchades na palabra PAZ aparecerán moitos recursos que fomos recollendo ao longo dos anos

Proxecto Horizonte 20 30
Ao longo desta semana tivemos a segunda xornada deste proxecto científico relacionado co mundo mariño.
Proxecto Horizonte 20 30 desenvolvido pola organización Arenaria.
Todo o colexio, en distintas quendas, participa.
Nesta ocasión estivo centrada nos sentidos da vista, do olfacto e o tacto.
2º Viron distintas mostras polo microspio e tiñan que averiguar de que se trataba. Esta resultoulles difícil pero cun par de pistas chegaron a resposta.
3º A través do sentido do olfacto recoñecer distintos olores: gasoil, algas, conserva,.. Algúns destes olores trouxelles recordos e ganas de ir á praia outros noxo.
Proxecto Horizonte 20 30 desenvolvido pola organización Arenaria.
Todo o colexio, en distintas quendas, participa.
Nesta ocasión estivo centrada nos sentidos da vista, do olfacto e o tacto.
Actividades prantexadas:
1º Tiveron que adiviñar o contido dunha caixa polo sentido do tacto. Un neno ou nena tocaba e os demais debían facerlle preguntas ata dar a solución.2º Viron distintas mostras polo microspio e tiñan que averiguar de que se trataba. Esta resultoulles difícil pero cun par de pistas chegaron a resposta.
3º A través do sentido do olfacto recoñecer distintos olores: gasoil, algas, conserva,.. Algúns destes olores trouxelles recordos e ganas de ir á praia outros noxo.
Unha pequena mostra das actividades:
14 enero 2015
Os Sete Vermiños.
Unha historia que inventaron e ilustraron Mariana e Cristina. Esta historia viña metida dentro dunha televisión e pouco a pouco eses vermes fóronse convertendo en bolboretas. Viaxaron por distintos países, e....., non desvelamos o final.
Por colaborar coa biblioteca!
XovesConto
A semana pasada tivemos no XovesConto a tres contadoras quinto:Sara, Celtia e Lucía.
Contáronos un conto de Etiopía O partido de Nadal e como se celebra o Nadal nese país.
Fixérono de marabilla! Hai madeira de contadoras!
Encantounos esta historia!.

Noraboa ás tres!
10 enero 2015
05 enero 2015
Samaín
No tempo de Samaín contáronse contos, lendas entre as clases. Algunhas delas fixéronse na biblioteca.
Aquí está esta lenda!
01 enero 2015
Xoves Conto
Esta vez foron algúns nenos e nenas da clase de 5º D, que axudados da súa titora, prepararon o conto "Mago Rosa".
"Mago Rosa" un libro de Txabi Arnal & Rashin Kheiriyeh .
O mago conseguira facer unha bolsa que tragaba todo. Abondaba con dicir: OEMOC! Logo de moitos experimentos, este mago atopa unha fórmula para satisfacer a súa ilimitada avaricia e maldade gratuíta, A partir de aí empeza a encher a súa bolsa á orde de Oemoc! (Cómeo!, ao revés). No entanto, o seu periplo de cobiza incontrolable vese interrompido cando se atopa cunha bondadosa e xenerosa maceira, que non dubida en enfrontarse a el e á súa bolsa de coiro para protexer a un indefenso paxariño. Así, unha simple árbore e un ave diminuta son capaces de enervar a un mago e ata anular os seus poderes, no caso do pequeno paxaro.
Mago Rosa toca o tema da xustiza; tanto na recompensa das boas accións como no castigo coa mesma moeda.

Moi ben!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)