Esta é a entrada da nosa biblioteca para este curso.
Aparece o acordeón, a guitarra e moitos libros de viaxe por esta escola pública que quere escribir e ler.
O tema de este ano vai ser a Música e todas as emocións que esperta.
O cadro polo que vos preguntábamos é do pintor Leandro Lamas. El deunos o seu permiso para copiar algunhas partes dos seus cadros e confeccionar o noso mural.
Eleximos a Leandro porque é un pintor que ilustra moitos libros infantís un deles a "A nena e o grilo nun barquiño" Neste novo disco Magín Blanco conta coa compañía de numerosos músicos, músicas, das voces de María Faltri, Luanda Cozetti, e o coro dos nenos e nenas da capela madrigalista de Ourense.
A bicos roubados, á ledicia de atopar un equilibrio de expresión entre tradición e contemporaneidade. A reafirmar a confianza na música como vehículo e vínculo interxeracional, e entre o individual e o social. A Beatles ,armonías vogais, retrousos contaxiosos, a arpas e zanfonas, a violinos , a arpexios de guitarra. A silencio…
E qué conta A nena e o grilo nun barquiño?
A historia dunha viaxe onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir. Unha aventura amable e luminosa , máis próxima ao intercambio que a competitividade e a rivalidade.
Este vídeo contén númerosas pinturas de Leandro Lamas.
A ver si atopades algunha das que empregamos para realizar o mural da porta da biblioteca!
A ver si atopades algunha das que empregamos para realizar o mural da porta da biblioteca!