21 febrero 2010

Recomendacións



Acabas de ler algo interesante?
Compárteo con tod@s nós.


Hai contos, novelas, poesías, cómics, revistas... un MUNDO enteiro de cousas por ler. Tanto que se nos poden escapar lecturas magníficas. Non permitas que iso suceda!
Fai un comentario e fálanos brevemente sobre o que che gustou e por que.

Non esquezas citar o título e o autor!

Seguro que moitos compañeiros e compañeiras agradécenche as túas suxestións.


20 febrero 2010

SONRISAS Y MANDILONES


Grazas aos comentarios de tod@s. Vós sodes os que facedes que o blog da biblio e todo o traballo que pasan os que colaboran nela vala a pena.

Os blogs son unha forma de contarvos o que facemos e de enriquecernos todos aprendendo e compartindo. Por iso, quero darlle as Grazas en especial a Dylan 4ºC que nun dos seus comentarios nos informou de que a aula de 4 anos B ten o seu propio blog onde nos contan o que van facendo.
Chámase "SONRISAS Y MANDILONES" podedes visitalo premendo no enlace que ten o nome do blog nesta entrada ou directamente en "Mi lista de blogs" (xa está enlazado)

NORABOA E BENVIDOS!!!!

07 febrero 2010

Estamos de Noraboa!

O Centro Virtual do Ministerio de Educación para a mellora da lectura en todas as áreas e en todos os formatos Leer.es acaba de incluír unha entrada no seu blog recoñecendo a importancia dos blogs das bibliotecas escolares de Galicia. Noraboa a todos!



Eso inclúenos!!!!
Se non me creedes lede a entrada do blog leer.es "Las bibliotecas escolares 2.0 en Galicia" (tedes un hipervínculo na palabra blog) e buscádenos na lista de blogs de Primaria.

E o máis importante, ademais de sentirnos orgullos@s debemos seguir contribuíndo a esta enorme tarefa facendo comentarios.
_

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Este ano celebramos o Día Escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA o venres 29 de Xaneiro despois do recreo (Imaxes na páxina web do cole). Ademais, coñecemos algúns dos persoeiros e as institucións que recibiron o Premio Nobel da Paz. Visitamos a exposición, que axudaron a elaborar alumnos de 6º, e que se completou coas mensaxes que non puideron voar no globo.