Nas vindeiras semanas faremos a inauguración da campaña deste ano que leva por nome "Somos fantásticos e extraordinarios".
Empezaremos investigando sobre Seres fantásticos e mitolóxicos. Aprenderemos moitísimo sobre seres fantásticos galegos e doutras partes do mundo e tamén produndizaremos en nós mesmos porque todos temos algo que nos fai ser fantásticos e extraordinarios.
Neste cartaz están as actividades que realizaremos para a inauguración.
Animádevos a facer esta sopa de letras!
Tamén podedes facer este cuestionario. (2º E 3º CICLO)
Xa temos o mural case rematado para a inauguración da biblioteca para este curso 2024-2025.
Vistes ben o mural? Xa sabedes que imos traballar este ano no noso PDI? Pois sí, imos profundizar no interesante e misterioso mundo dos seres mitolóxicos e fantásticos, tanto de Galicia como de outras partes do mundo. Teremos que investigar moitísimo ao longo do curso e faremos todo tipo de actividades. A Xouba Castelao volas irá amosando neste blog a medida que as vaiamos facendo.
A partir de hoxe a biblioteca estará aberta nos recreos e tamén polas tardes.
É moi importante coñecer as normas do uso da biblioteca escolar. Botádelle unha ollada a este cartel con toda a información.
Moitas grazas a todas as familias que vos achegastes ata o cole a contarlles un conto aos compañeiros dos vosos fillos e fillas durante o mes do libro.
Para o ano repetiremos a actividades e xa comezaremos cos contacontos a principios de abril.
Este venres celebramos a I Festa do Maio. Tivemos que adiala porque a semana pasada estivo chovendo. Queríamos celebrala canda as Letras Galegas, pero para a semana volve chover.
Despois do recreo reunímonos todos no porche e desfrutamos de varias actuacións realizadas polos rapaces e rapazas da aula de 3 anos B, un grupiño de nenas de 2 ° A, a rapazada da aula de 4°B e os alumnos e alumnas de 5°.
Aquí tedes unhas fotiños que demostran o ben que o pasamos.
Moitas grazas a todas as familias pola vosa aportación dos diferentes materiais e en especial a Isabel, a avoa de Xabi pola súa axuda na montaxe do maio.
Esta semana estivo chea de actividades relacionadas co Día do Libro. Que ben o pasamos!
Retomamos a actividade "Booktubers: recomendacións lectoras" que realizáramos fai varios anos. Enlace : BOOKTUBERS
Durante os recreos tivemos na biblioteca obradoiros de marcapáxinas para os diferentes ciclos e contacontos a cargo de Sara e Nazaret, dúas alumnas que están facendo as prácticas coas compañeiras de Educación Infantil.
A Xouba Castelao agasallou un libro a cada aula para conmemorar o Día do Libro.
Fixemos o Amigo invisible entre o profesorado no que se podían empregar libros novos ou usados.
Algunhas aulas fixeron Lecturas ao sol aproveitando o bo tempo.
As familias animáronse a vir ata o cole a contarlles un conto ás aulas dos seus fillos, participando no actividade "As familias contan".
Rebeca, nai de Raúl de 2° B, contoulles o conto Las llaves de los sueños.
Realizamos a actividade Padriños e madriñas lectores entre a rapazada de 5° e 6° e os pequerrechos de Educación Infantil.
Tódalas aulas realizaron diferentes actividades relacionadas con esta data: marcapáxinas, portadas de libros, investigación de vida e obra de diferentes escritores, contacontos, traballos sobre os seus libros favoritos, etc.
Hoxe a rapazada de 5° de Educación Primaria foi ata a Praza de Padrón á inauguración dunha exposición itinerante sobre o autismo organizada polos nosos amigos da Asociación Amicos.
Xa están empezando a chegar os vosos vídeos. Mirade o que nos mandou Nico, da aula de 4 anos B.
Moitas grazas Nico, fantástica recomendación!
E agora tamén podedes ver as recomendacións de Úrsula de 1° A, Mencía Macarena de 4°B e Mateo de 5° A.
Moitas grazas rapaces! Estamos tomando nota!
Seguimos con máis recomendacións. Aquí podedes ver a Diego, de 5 anos A, Mauro, de 2° A e Sara de 3°B.
Magníficas recomendacións!
Xa recibimos máis recomendacións. Nesta ocasión podedes ver os vídeos de Andrea de 1° A, Estela de 3°B, Uxía Bastos de 3° B, Ángel de 1° A e Pedro de 6° B.
Libros ben interesantes!
Seguimos con Blanca da aula de 4 anos A, Alba de 2° A, Telmo de 3° B e Xiana de 4°B.
E agora temos a Raúl, de 4 anos A, súa irmá Sara de 1° A, Adhara de 2° A, Paio de 2°B e Alexia de 2° B.
Seguimos con Gael, de 5 anos B, súa irmá Daniela, de 2° B, Álex, de 4° B, Xoel de 4° B e Lucía de 3° B.
Xa temos máis vídeos!
Neste vídeo podedes ver as fantásticas recomendacións de Antón, de 5 anos A, Lucía de 1° B, Inés de 2° A, Mateo Buig de 2° A, Héctor de 2° B e Eloi de 5°B
E nesta ocasión temos a Noa, Efrén, Sabela, Daniel e Helena, de 5° B
E agora temos a Alejandra e Teo de 2° A, Vera de 3° B, Uxía de 4° A, Mariña e Xiana de 5° A e Iván de 6°B.
Seguimos con Asier, Leyre e Tomás de 4°B, Iago e Zoey de 5°B e Narciso de 6° A.
E agora con Alba Sánchez, da aula de 5 anos B, Yago, Martina Torres, David e Julia de 4°B e Lara de 5°B.
Rematamos esta actividade coas recomendacións de Yeray da aula de 4 anos B, Daniella, Ahinara e Nicolás de 2° A.
Quedábanos este vídeo dos alumnos e alumnas de 3° A que fixeron unha votación dos seus libros favoritos e logo elaboraron este vídeo para amosarnos.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación. Nas vindeiras semanas recibiredes o voso agasallo!
Debido ao mal tempo previsto para o 8 de marzo pola mañá decidimos non asistir ao acto organizado polo concello xa que era ao aire libre. Pero iso non impediu que fixésemos un pequeno acto reivindicativo no cole despois do recreo.
Xuntámonos todos no porche cos nosos mandís e escoitamos un pequeno manifesto elaborado pola rapazada de 6 ° de Educación Primaria. Démoslle a volta ao mandil e cantamos a canción " Nais e avoas" da cantante Pauliña.
Aquí podedes ver como nos quedaron os murais que fixemos entre tódalas aulas para o 8 M.
Aquí tedes as últimas novidades que xa temos na biblio. Podedes atopar, entre outras historias, as novas aventuras de Perrock Holmes ou da señorita Bubblé. Tamén tedes moitas lecturas en lingua galega e varios cómics.
Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia
DEREITOS DE AUTOR
As diversas actividades que aparecen neste blog están destinadas a fins educativos. Se por calquera motivo: dereitos de autor, imaxe...consideras que algunha delas é inadecuada, fáinolo saber para retirala. Grazas