17 abril 2012

HOXE VISÍTANOS ABRAHAM CARREIRO

O ilustrador Abraham Carreiro visitará hoxe o colexio. Os alumnos de 5º e 6º esperan impacientes a súa visita para intercambiar con el impresións do seu libro XOELIKI. 

 Premede na portada para ir á páxina web do libro.

Para meterlles gañas aos que todavía non leron o libro na páxina web do libro hai un pequeno vídeo non volo perdades!


 Tamén vos recomendamos os libros da colección: 
"Contos que len outros nenos do mundo"
 unha colección que trata de achegarnos ás diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. E que podedes atopar na biblioteca.


Non te olvides de compartir con todos as tús opinións. DEIXA UN COMENTARIO!


13 abril 2012

A BICICLETA DE ANA MARÍA

Poderemos desfrutar desta obra de Airiños este fin de semana:


SÁBADO 14

- Taragoña, praza de Campos de Pazos 17.00 h (se chove no Centro Cultural e Deportivo)

- Araño, exterior da escola de Buía 18.00 h (se chove dentro da escola)

- Asados, exterior do CC Simón Varela 19.00 h (se chove no interior centro)




DOMINGO 15

- Isorna, exterior da escola de Vacariza 17.00 h (se chove dentro da escola)

- Leiro, campo da festa 18.00 h (se chove Centro Cultural Vicente Vidal)

- Rianxo, Praza Rafael Dieste 19.00 h (se chove no Auditorio)

UN DÍA ESPECIAL CON ANXO FARIÑA



Hoxe será un día especial para alumnos de 2º e 3º ciclo xa que irán ó Auditorio Municipal para coñecer ó autor e ilustrado galego Anxo Fariña. Se queres coñecer máis cousas sobre el e a súa obra preme na foto

    

 Que foi o que máis che gustou desta actividade? Que libros de Anxo recomendarías e por que? 

Anímate e deixa os teus comentarios.

02 abril 2012

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


 Este día celébrase desde 1967 coincidindo co nacemento de Hans Christian Andersen co ánimo de inspirar o amor polos libros e chamar a atención sobre a importancia de fomentar o gusto pola lectura nos máis pequenos.

 Todos os anos a International Board on Books for Young People, IBBY,  encarga un texto e un cartel para conmemorar este día.

O texto deste ano, titulado Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro , elaborouno o poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano Francisco Hinojosa.
 
 O cartel  creouno o  ilustrador, tamén mexicano, Juan Gedovius. A Juan Gedovius gústalle ilustrar libros para os máis peques porque:

 "ellos tienen la misma afición a los dragones que yo, porque encuentran fascinante todo lo que solo puede verse a través de mágicos conjuros y porque defienden la existencia de todo cuanto se nos olvida cuando nos volvemos grandes" (fuente Andalia.com)