30 octubre 2013

Hora de Biblioteca

Un grupo na súa hora de biblioteca lendo  libros de medo: monstros, bruxas, pantasmas, vampiros,...

Mochilas Viaxeiras

Xa comezaron a viaxar as Mochilas ás casas de: Rianxo, do Pazo, de Isorna, Vacariza, Brión,... 
Esperamos que disfrutedes dunhas boas lecturas en familia!

Tarxetas dos Bolechas

Tarxetas empregadas na vista de Pepe Carreiro. 
Algúns van ao Samaín.

Días das bibliotecas

Unha vez que rematamos coas inauguracións faltábanos facer algo todos xuntos. 
O venres 25 xuntámonos e fixemos un pequeno acto para recordar que era o Día das Bibliotecas.
Comezamos ensinando o cartel deste curso e explicando un pouco que na biblioteca ten cabida  a ciencia.
Logo comezamos a cantar por ciclos as seguintes cancións :
Infantil: “O pirimpimpim”.
1º ciclo primaria: “E ti telo, telo”.
2º ciclo primaria: “ O Verdegaio”.
3º ciclo primaria: “Regueifa” .

Ao mesmo tempo os nenos nenas ensinaron as súas interpretacións das cancións.




Donde viven los monstruos

Donde viven los monstruos é un libro infantil creado por Maurice Sendak. O libro foi escrito en 1963.
Un álbum clásico lido por millóns de nenos e nenas de todo o mundo. Nel , un neno chamado Max descubrirá o maravilloso mundo dos monstros.




29 octubre 2013

Curta do Samaín

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…

O conto conclúe cun final positivo que transmite a idea de que é posible superar os obstáculos. Texto de Tina Meroto, a partir dun conto tradicional turco-ruso Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello

28 octubre 2013

Exposición libros de medo

Dos andeis, misteriosamente saíron un montón de libros de medo. Podedes  levalos as vosas casas ou lelos na biblioteca.
Animádevos
 a pasar un pouco de medo e emoción!

Papamedos

  • MEDO: Sentimos medo cando sentimos unha amenaza ou un perigro, esto pódenos producir ansiedade, incertidumbre, inseguridade.
Queremos que escribades os vosos medos nas tarxetas dos medos e as botedes nos Papamedos que están na biblioteca.
Cando chegue o magosto queimarémolos.
Esperamos que moitos deles desaparezan!

Curta do Samaín

Fiz non era coma os outros nenos:
Fiz era o neno máis medorento do mundo!

Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito de algo que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día.


Fina Casalderey fainos unha invitación para que nos riamos de nós mesmos, e a ilustradora portuguesa Teresa Lima, que acepta o convite, amósalle a súa complicidade nas sempre elegantes e cálidas imaxes do álbum.


25 octubre 2013

Lema elexido para a campaña de lectura.

A Xoubiña Castelao foille moi difícil elexir. Moitas grazas a todos e todas pola vosa axuda.



Mochilas Viaxeiras

Grazas a Biblioteca Municipal Castelao por emprestarnos os libros de adultos que inclúen as Mochilas Viaxeiras .

As mochilas xa van  comezar a viaxar. 
Como novidade estarán nas vosas casas quince días e ademáis só irá a aquelas casas que a solicitaran.

24 octubre 2013

Este venres na Biblioteca Pública Municipal poderás acampar!

Con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas este venres 25 de outubro haberá moitas sorpresas na Biblioteca Municipal Castelao.

Poderás ver un contacontos ás 18.00 h


e, tamén poderás pasar unha noite diferente chea de sorpresas si te atreves a acampar


Aínda quedan prazas para as dúas actividades pero, ANÓTATE XA!  Están a voar.

23 octubre 2013

Buscamos un lema para a nosa campaña

Alá polo sete de outubro  apareceron unhas cartas por todas as clases. O remitente era a  Xoubiña, a mascota da biblioteca. Pedía  axuda para o lema da Campaña de Lectura deste curso.
Estas son as cartas:





E logo todas as cartas ao buzón de suxerencias


A Xoubiña tivo ben de traballo! Este venres coñeceremos o lema que elexiu.

A Voda dos Ratos

Comezamos cos conta contos nos recreos. Esta vez adiantámolo ao mércores por motivo da folga convocada para mañá. Mario, Álex, Paloma, Aroa,Ismael, Christian,Silvia, Óscar,Sebas e Arancha todos eles e elas de sexto C representáronnos A voda dos ratos. Era a primeira vez que se contaba esta historia na biblioteca.

A voda dos ratos é unha historia de Margarita del Mazo & Lisa Kaser, publicada por OQO. Conta a historia de dos ratiños que estaban namorados pero ....

—Non vas casar cun rato negro, feo e fraco coma un fiúncho.
Ti tes que casar co máis forte do planeta,
e ese non o é –dixo sinalando cara ao rato.

Desta forma irada reacciona o emperador dos ratos da Cochinchina cando a súa filla, unha preciosa rata branca coma a neve, se presenta da man dun rato gris escuro case negro. Convencido de que o que ten ante el dista moito da súa esixencia, ofrécelle a man da súa pequena ao Sol.

Con todo, o Astro Rei non tardará en convencelo do seu erro. —Non, ho! Eu non son o máis forte... A partir deste momento, o relato inicia un divertido e instrutivo periplo, co que o emperador irá descubrindo que non hai verdades absolutas. A consideración do que é, ou non, fermoso, forte… está suxeita a múltiples miradas, tantas como individuos.




Coma sempre a biblioteca chea, un gusto escoitalos!

24 de outubro Día da Biblioteca Escolar

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visibles as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso é: 
 LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Este lema trata sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. 
Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.

Un fermoso cartel que xa chegou ao noso cole e serán colocados mañá.

Xuntanza Día da biblioteca

Este venres faremos un acto conxunto onde aproveitaremos para cantar e desfrutar cantando.Como o tema é a música e as emocións que mellor forma que comezar cantando.

Previamente nas aulas estivemos aprendendo as cancións e ilustrándoas.

Todas as cancións foron selecionadas do libro con CD Meniños Cantores :

Infantil cantará “O pirimpimpim”

1º ciclo primaria: “E ti telo, telo”.

2º ciclo primaria: “ O Verdegaio”.

3º ciclo primaria: “Regueifa” .

As ilustracións das cancións  colocaranse logo no Recuncho Literario.


CONTÍN E CONTÓN

21 octubre 2013

Inauguración de 5 anos

Os nenos e nenas de cinco anos estiveron hoxe na biblioteca para recordar as normas e o funcionamento. Trouxeron guerreiros, fadas,músicos, ........ e bailaron con eles ao son da música de Verdi.
Os nenos de segundo contáronlles Contín Contón axudándose dun panel para ir colocando aos personaxes.
Contín Contón é un libro  de Antón Cortizas e ilustrado por Leandro Lamas.



Inauguración dos nenos e nenas de 3 anos

Os nenos e nenas de tres anos viñeron á inauguración con peixes, osiños...  Estiveron moi atentos a como os nenos e nenas de segundo lles contaban  Contín Contón.

18 octubre 2013

Inauguración 1º C e 2º C

A parte de descubrir que unha das profes toca o clarinete, descubrir a Verdi e recordar as normas e o funcionamento da biblioteca. Mirade que fantásticos monstros, animais...saíron da biblioteca.
 Moi bo traballo! 


17 octubre 2013

Inauguración de sexto

Para os que queirades ver os videos da inauguración.
Este é un experimento de como a música ten unha influencia en nós e provoca emocións distintas segundo a música coa que a escoitemos. Dúas músicas distintas cámbianlle o sentido a unha mesma escena.



Contaxiar emocións:




Agasallo á biblioteca

Agradecerlle a Santi e a súa familia a aportación destes libros a nosa biblioteca.

Inauguración da biblioteca.

Hoxe comezaron as inauguracións na biblioteca.
Os primeiros foron os nenos e nenas de segundo A e B. 
Entraron coa Marcha Triunfal de Verdi e logo repasaron as normas de uso e funcionamento da nosa biblioteca.
A continuación coñeceron un pouco da figura de Verdi e algunhas das súas obras, xa que o 10 de outubro cumpriuse o bicenterario do seu nacemento. 
Tamén estiveron practicando coas emocións e logo deseñaron un guiñol feito con papel.

Quedaron moi chulos! Cando os teñan todos rematados pondremos máis fotos.



 Os nenos e nenas de quinto tamén entraron coa Marcha Triunfal de Verdi. Repasaron as normas de funcionamento e uso da biblioteca , coñeceron un pouco da figura e obras de Giusseppe Verdi e logo viron dous videos sobre a música e as emocións. Pondrémolos ao longo destes días. Para rematar  deseñaron uns marcapáxinas con emoticonos.
Unha pequeniña mostra.



Os nenos e nenas de cuarto B e C fixeron o mesmo que os de quinto pero non viron os videos sobre a música e as emocións.

15 octubre 2013

Os Bolechas en Arousa Norte


Os Bolechas protagonizan unha guía turística de Arousa Norte.
Van acompañados de Carme unha nena rianxeira e o seu gato Larafuzas. Dan unha volta por Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira.
Hoxe foi a presentación deste libro no noso cole. O seu autor e ilustrador,
Pepe Carreiro, debuxou a Tatá, Chispa e ata a Carlos dándose unha ducha. Que risas botaron! E ademais agasallaron aos nenos e nenas co libro.

Noticia  publicada na Voz de Galicia.






Tamén nos deixou unha dedicatoria no noso libro de visita e un Barbanzón para a biblioteca.

A pizarra da porta comeza a encherse

Estará cos nenos e nenas de Educación Infantil de catro e cinco anos. Ven a presentarnos un libro que nos vai facer viaxar dende Rianxo a Ribeira.
Estamos desexando coñecer a Pepe Carreiro e ao seu novo libro!

14 octubre 2013

Temos a biblioteca chea de Bolechas e Barbanzóns.
Os nenos e nenas de educación infantil e de 1º e 2º de primaria: colorearon e debuxaron aos Bolechas, escribiron trolas e disparates cos Bolechas, fixeron marcapáxinas, escribiron refráns do outono, murais,...
Mañá recibiremos ao seu creador. Pepe Carreiro

07 octubre 2013

Novas taboíñas

Novas taboiñas para usar na biblioteca con: Frederick, A Eiruga moi larpeira e O gato na árbore
Algunhas xa comezaron a usarse.