30 enero 2013

Wangari e as árbores da paz


díptico Violeta Monreal

30 xaneiro. Día da Paz e non violencia

25 enero 2013

Fina Casalderrey nos blogues das bibliotecas escolares de Galicia

LIBRO DE VISITAS

No Libro de Visitas xa loce tamén está bonita ilustracción.

CADRO DE VIOLETA MONREAL

Este foi o fermoso cadro que nos elaborou Violeta Monreal ao mesmo tempo que ía respondendo preguntas dos nenos e das nenas sobre:  a súa vida os seus libros, ilustraccións...

Foi un encontro fabuloso!
Aos nenos, nenas e ás mestras deixounos encantados, sorprendidos e con moitas ganas de seguir lendo a : Pamela Panamá , Días de perros y gatos, No quiero un dragón en mi clase,.....e de seguir rachando papel para as nosas ilustraccións.

24 enero 2013

XOVES CONTO

Onte, contáronnos o conto de Medio Pito: Fabiana, Gloria, Irene, Sara, Candela, Antía e Paula. Tódas elas alumnas de 6º A. Noraboa!!

23 enero 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil.
Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desa literatura non sempre asumida como LITERATURA ( con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e polo tanto mediadora do libro.
Unha académica de luxo!


Con esta entrada queremos facerlle chegar a nosa ENHORABOA a esta fantástica escritora sumándonos a outras Bibliotecas Escolares de Galicia.

 Fonte:  Redelectura   Bibliotecas Escolares de Galicia 

VIDEO DO 12 DO 12 DO 2012

                                           VIDEO HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO .

22 enero 2013

Violeta Monreal

O xoves 24, estará Violeta Monreal na biblioteca do noso colexio gracias á editorial Anaya. Estará cos grupos de primeiro, segundo e terceiro.

Si queres saber máis acerca desta autora e ilustradora pincha no seu nome e irás a súa páxina.

21 enero 2013

TEXTOS DE PAZ

Poesías, libros e textos pola Paz dende a Biblioteca de Cespón.

RECURSOS VARIOS DO COLE

ACTIVIDADES IMPRIMIBLES LIBRO NEGROS E BLANCOS.
POESÍAS POLA PAZ
ACTIVIDADES IMPRIMIBLES LIBRO SACAPENAS.
TEXTO DO LIBRO O NACEMENTO DO DRAGÓN.
TEATRO: CUENTO PARA LA PAZ.
PLANTILLA PARA FACER UNHA CARTA.

CONTOS PARA A PAZ


Recopilación de Contos para a Paz da Unitaria de Vide

RECURSOS DÍA DA PAZ

POEMAS PARA A PAZ

DIME COMO SE ESCRIBE PAZ

LIM POLA PAZ

NOBEIS DA PAZ

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

20 enero 2013

CANCIÓN DÍA DA PAZ

Esta é a canción que cantaremos todos e todas xuntos para conmemorar o Día da Paz.
 Por si queredes ir practicando! 
 A letra da canción dinos que a xente movéndose, implicándose, pode cambiar o mundo!

18 enero 2013

AVISO

Ola, a todos os nenos e nenas !

Atopamos un pendente perdido na nosa biblioteca.

Si alguén o bota en falta, preguntade na biblioteca.

17 enero 2013

XOVES CONTO

Hoxe a biblioteca no recreo estaba de bote en bote, para  ver e escoitar o conto Bebé Bigotes.
As encargadas de representalo foron: Nagore, Paloma e Sara todas elas de quinto.


O conto trata dunha vella moi vella e un vello moi vello que  desexaban con todas as súas forzas ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de moitos intentos, de experimentaren diversas fórmulas e mesmo de pediren a colaboración de Reis e de cegoñas, chegaron a unha conclusión: facer un fillo non é tan sinxelo. Un día a velliña tivo unha idea…

02 enero 2013

CARTEIS PARA OS NEGOCIOS DE RIANXO


ALGÚNS DOS CARTEIS QUE ANDAN 
POLOS 
ESCAPARATES DOS COMERCIOS, BARES  E OUTROS NEGOCIOS DE RIANXO 
PARA DESEXARVOS:
 BOAS FESTAS E FELIZ ANO NOVO. 

OS NENOS E NENAS FORON OS ENCARGADOS DE REPARTILOS.