25 febrero 2014

Coñece o Entroido en Galicia


O Entroido de Cobres no Castelao


Recordamos a actuación de ex-alumnos/as e alumnos/as da asociación de baile tradicional Vai de Roda do noso colexio para presentarnos a vestimenta e os bailes típicos do Entroido de Cobres, Pontevedra.

Moitas grazas outra vez a Vai de Roda, a todos os alumnos/as e ás súas familias pola vosa colaboración!

11 febrero 2014

FEBREIRO MES DO AMOR E ROSALÍA




 Selección de Cadros de Leandro Lamas relacionados co amor para que escribades fermosas historias.

Mes do amor e Rosalía




Lúa con trenzas de prata
e ollos encantados
deixa caer uns biquiños 
no meu rostro namorado.

Honorato o rato namorado.
Antonio García Teijeiro.

«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;

augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito, vida do meu corazón». 

                      
                                      Cantares Gallegos.

08 febrero 2014

CANDELORIA


A Candeloria en Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Ademais, para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal. Estivo montada esta exposición con libros de paxaros e coas tarxetas das clases de 2º.

06 febrero 2014

Escribindo con Castelao.

O 30 de xaneiro coincidindo co nacemento de Castelao e o Día da Ilustración, comenzouse con esta actividade de escritura.A partires de cadros de Castelao os nenos e as nenas fixeron voar a súa imaxinación inventando historias de eses cadros:  de nenos, de paisaxes, de demos, bailarinas, ...

05 febrero 2014

Entrevista a un premio Nobel

Por fin nos visitou o personaxe misterioso e os cuartos puideron facerlle a entrevista.
Don Camilo foi respostando as numerosas preguntas. Tamén ensinou os cromos de fútbol que coleccionaba, a medalla do Nobel, ...
Logo tocou escribir en  LOSPAPELESDEIRIAFLAVIA.


Contos de Nadal coas Familias.

Contos Clásicos adaptados ao tempo de Nadal polas familias.

Tren cos dereitos dos nenos e nenas.

No acto da Paz que celebramos o xoves recordamos os dereitos dos nenos e vimos os trens elaborados polas clases.