29 abril 2022

VISITAS DE AUTORES: PERE TOBARUELA


Esta semana volvemos recibir a visita de Pere Tobaruela. Nesta ocasión estivo coa rapazada de 4º de Educación Primaria.




Aquí tedes esta presentación con información sobre o autor.


Moitas grazas Pere! 

25 abril 2022

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 Nesta entrada ensinámosvos as diferentes actividades que realizaron algunhas aulas para conmemorar o Día do Libro.


Tódalas aulas recibiron un agasallo da Xoubiña Castelao.

1º B



3º B

4 anos B



Xunto ao equipo de Extraescolares elaboramos un "Photocall" duns peregrinos lectores para que as aulas que o desexen quiten fotos.


Tamen realizamos a actividade de "O amigo invisible" entre o profesorado.



ACTIVIDADES ALUMNADO

Os alumnos e alumnas de 3º fixeron un proxecto e exposición sobre o seu libro favorito.




A rapazada de 5º elixiu o seu libro favorito e debuxou a súa portada. Logo cada aula elaborou o seu cartaz co lema "Ler mola".




08 abril 2022

VISITAS DE AUTORES: MARÍA CANOSA

Esta semana recibimos a visita de María Canosa. Nesta ocasión estivo cos nenos e nenas de 5º para conversar, entre outras cousas, sobre dous dos seus libros que os nenos e nenas leron na clase: As pombas de Bastián e Muriel.







Coma sempre foi un pracer escoitarte. Volta cando queiras!


04 abril 2022

XORNADA DE CONVIVENCIA E INTEGRACIÓN

 Esta semana os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria tiveron unha xornada de convivencia e integración coa Asociación Amicos. Nesta saída fixeron unha reforestación de piñeiros no Monte de Leiro.




A asociación regaloulles un piñeiro para que cada neno o plante coa súa familia.

Pasárono xenial!

NOVIDADES MES DE ABRIL

 Aquí tedes algúns dos últimos libros que xa tedes á vosa disposición na biblioteca. Esperamos que vos gusten.



2º e 3º ciclo


Infantil e 1º ciclo