20 marzo 2026

VISITA Á MOSTRA "CASTELAO GRAFISTA ( FACSÍMILE"

 Esta semana a rapazada de 5° e 6° baixou ata o Auditorio de Rianxo a ver unha mostra sobre Castelao que está levando a cabo a Fundación Abanca. Repartidos en pequenos grupos, puideron analizar algúns dos debuxos do autor.




18 marzo 2026

CHARLAS 8M

Esta semana a aula de 3° B recibiu a visita de varias nais de alumnos.

Um día visitounos  Raquel Romero, nai de Sofía Vila. 

Explicoulles en que consistía  o seu traballo como letrada na administración de xustiza da Xunta de Galicia.





Outro día achegouse ao cole Ánxela Miguéns, nai de Ángel. Tamén lles explicou en que consiste o seu traballo como técnica de riscos laborais.




Moitas grazas pola vosa visita!

13 marzo 2026

OBRADOIRO: AQUA MISSION

 Hoxe a rapazada de 4° realizou un obradoiro sobre Acuicultura.

Esta actividade foi posible grazas ao ofrecemento de Marta Conde, investigadora da Universidade de Vigo e nai de tres alumnos do centro.