29 marzo 2011

MARZO, MES DA POESÍA


O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía coincidindo co comezo da primavera. Estes días temos a sorte de ter no colexio a Maleta Viaxeira de Poesía da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Os libros están expostos dentro da biblioteca para que todos poidamos desfrutar deles con moito agarimo.

Ademais, están previstos varios recitais poéticos na biblioteca ó longo desta semana para os cales seleccionamos poesías que falan do mar.

Manterémosvos informados e sacaremos moitas fotos para poñer na páxina web.
_

Mil cousas poden pasar...















... e unha delas é que Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador de libros como A gardería de Dona Bixelmina, A pedra e as formigas, Mil cousas poden pasar... e de cómics como Los amigos de Archimboldo Roque visite o COLEXIO.

Pois si, hoxe os alumnos de 6º, 1º e 2º quedaron entusiasmados cando puideron coñecer a Jacobo.

Pero Jacobo tamén quedou contentísimo ó ver todo o que traballaran os alumnos/as para decorar a biblioteca con cómics, ilustracións dos seus personaxes, as portadas dos seus libros... e incluso unha pequena representación do seu libro A pedra e as formigas.

NENOS CON OLLOS DE XORNALISTA EN RIANXO


.
Este luns día 28 de marzo unha xornalista que, por certo vive aquí en Rianxo, e unha "cámara" de La Voz de Galicia visitaron o colexio dentro das actividades da Semana da Prensa e da Muller traballadora (8 de marzo, que coincidiu coas vacacións de entroido). Pero, para que vos vou contar máis... deixemos que sexa ela mesma quen nos faga a crónica da súa visita porque
SAIMOS NO XORNAL.

A verdade é que ós alumnos/as de 4º, 5º e 6º fíxolles moita ilusión.

Si picades na foto poderedes ler o artigo en La Voz de Galicia. es

Treasure Island


O pasado venres 25 de marzo o alumnado de primaria foi ó Auditorio Municipal a ver
" Treasure Island",
unha versión da obra A Illa Do Tesouro de Robert Louis Stevenson adaptada pola compañía Face to Face.

Pola cantidade de gargalladas que se oíron, incluso ata fóra da sala, debéronno de pasar moi, pero que moi ben.

Que foi o que máis vos gustou?

Non sexades tímidos/as deixade os vosos comentarios!


Si picades na foto poderedes ver a galería de fotos que está colgada na páxina web do cole.

O Noso Mundo, O Noso Futuro, A Nosa Opción







Neste trimestre, ademais de continuar traballando a campaña de lectura sobre o mar, estamos traballando diversos temas relacionados co medioambiente; por iso, e xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, trouxemos ao colexio a exposición do CEIDA " O Noso Mundo, O Noso Futuro, A Nosa Opción" que o alumnado visitou entre o 15 e o 23 de marzo na Aula de Video.
O alumnado que visitou a exposición realizou diversas actividades: desde visionar o documental a buscar información nos paneis, escoitar a historia do Rainbow Warrior... e todos e todas sairon convencidísimos da importancia de COIDAR O MEDIOAMBIENTE.

Si picades encima dos logos poderedes ver máis información sobre a exposición e o CEIDA.

04 marzo 2011

"O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"



Ola a tod@s:

Onte os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria pasáronno en grande coñecendo a Pescada e ós seus amigos da man dunha cociñeira e dun pescador ben simpáticos.

A que o resto tamén tedes gañas de coñecelos?

Pronto será posible. Cargade ben as pilas comendo peixe durante estas vacacións de entroido e á volta, o venres 11, o resto dos alumnos de Primaria poderedes disfrutar coas súas aventuras.

Mentres tanto podedes premendo na foto tedes un enlace á páxina da Xunta desta campaña con debuxos, fondos de escritorio, xogos, contos...

Por certo, que tal a fideúa de mexillón e o resto dos pratos que comeredes no comedor? Cal é o que máis vos gustou? Cal foi o máis orixinal?

Esperamos os vosos comentarios!!!