02 agosto 2012

     FEBRE OLÍMPICA

Cos xogos olímpicos recén inaugurados, destacar algúns libros con esta temática: 

El Misterioso Caso De Los Juegos Olímpicos.

O famoso rato ten que enfrentarse a un curioso misterio: a de un equipo que gaña tódalas probas.


Axtérix y los juegos olímpicos
É unha das máis famosas historietas creadas por Uderzo y Goscinny, que esta vez sitúan aos seus coñecidos personaxes na Grecia Clásica, onde a poción máxica corre o perigo de ser prohibida ao considerarse dopaxe.


Os xogos olímpicos de Ningures. 

Así empeza este divertidísimo libro: "Outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os mellor organizados. Outros Xogos Olímpicos pasarán á Historia por ser os que viron bater un maior número de récords. Pero os Xogos Olímpicos de Ningures pasarán á Historia por ser os máis estrambóticos e divertidos. Como país organizador, Ningures puido presentar os seus atletas, que ata entón nunca participaran nunhas Olimpíadas. O equipo olímpico ninguriense formábano un grupo de deportistas, cadaquén máis estrafalario, protagonistas dunha presa de anécdotas.



Os Bolechas queren saber....
Como son os xogos olímpicos e paralímpicos de verán.
Os primeiros xogos olímpicos celebráronse na honra do deus grego Zeus, na cidade de Olimpia. Neles só participaban homes e as mulleres casadas non podían entrar no estadio. Dende a XV edición, os atletas competían nus. Dende que as prohibiu un emperador romano no s. IV, por seren unha homenaxe a un deus grego, até 1896 non houbo más competicións olímpicas. A partir de aquí, celébranse cada catro anos nun país distinto. Os do 2012 terán como marco a cidade de Londres.