12 diciembre 2011

Curtas de Nadal

10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)


06 diciembre 2011

XA ME TARDAN ESTES MAGOS


Mamá Cabra
acaba de sacar un novo libro-disco

XA ME TARDAN ESTES MAGOS

ten textos de Antón Cortizas, Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez e Gloria M. Roel convertidos en cancións

Xa está dispoñible na biblioteca.


Hai clases que xa están aprendendo algunhas destas cancións para a semana que vén cantar Cantos de Reis na biblioteca.


Non sabes o que son os Cantos de Reis? ( Leo na entrada de abaixo en "Falando, falando e co galego xogando")
_


FALANDO, FALANDO E CO GALEGO XOGANDO

Como en outras ocasións, o Equipo de Biblioteca e de Normalización Lingüística elaboraron unha recompilación de ditos, refráns, tradicións... relacionadas coas conmemoracións deste trimestre.

Sabedes o que son os Contos e Cantos de Reis?

Ídevos informando xa que se está preparando algo... Manterémosvos informados!

BUBISHER

Un dos nosos escritores favoritos Gonzalo Moure (Palabras de Caramelo) membro de "Escritores por el Sáhara" comentou nalgunha biblioteca do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, do que nós formamos parte) a súa colaboración co proxecto
BUBISHER
que comezou como un bibliobús que achegaba libros ós nenos dos campamentos Saharauis.

Enlace
Grazas ó esforzo destes escritores e de moitas persoas esta iniciativa medra cada vez máis.
(Para máis información picade na imaxe)

Moitas bibliotecas escolares de Galicia estanse sumando á iniciativa de doar un albúm ilustrado para aumentar os fondos do Bubisher.

E, por suposto, o colexio A.D.R. Castelao de Rianxo tamén se suma.

Eleximos o libro Enamorados de Rebeca Bautremer da editorial Kónikos.



Un fermoso libro ilustrado que dentro de pouco lles enviaremos e estamos seguros lles vai encantar.
.

Día da Constitución

Hoxe, Día da Constitución, quérovos recomentar este libro moi apropiado para esta data.




Espero que vos guste.

A Xoubiña