20 abril 2020

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO


Estimadas familias:

Como sei que nestes días tamén estades gozando da lectura quería proporvos unha actividade para celebrar o Día Mundial do Libro, o 23 de abril.

 Trataríase de  que vos saquedes unha foto co voso libro preferido. Se non tedes o libro, pois podedes facer un debuxo do mesmo.

 Logo a mandades ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliocastelao@gmail.com e as miñas axudantes elaborarán unha presentación con tódalas fotos recibidas. Importante: no asunto da mensaxe escribide LIBRO, para que nos sexa máis fácil localizar as vosas fotos.

Agradeceríavos que enviásedes as fotos durante esta semana.



Moitas grazas pola vosa  colaboración.


-Aquí tamén vos ofrecemos este díptico para descargar e colorear. Fai uns anos que o fixemos, pero vós sabedes que é moi importante reciclar, así que imos aproveitalo tamén este ano.






-Necesitades un marcapáxinas? Queredes facer un agasallo polo día do Libro? Picade nas imaxes para saber cómo elaborar estes marcapáxinas tan bonitiños.

Recordade que moitas veces podemos empregar anacos de materiais que temos por ahí e que non usamos. As caixas dos paquetes de cereais ou similares se poden usar en lugar de cartolina se lles poñemos un folio enriba.

Non vos esquezades  da importancia da reutilización para coidar o medio ambiente.




             
                               

                   


Se vos animades a facer algún destes marcapáxinas tamén nos podedes enviar as vosas fotos ao noso enderezo electrónico.

No hay comentarios: