17 febrero 2015

O mércores 4 de febreiro recibimos a visita de David. Estivo cun grupo de segundo e outro de cuarto.


El estivo vivindo en México, e contou como é a vida alí, os seus costumes, a súa gastronomía, o seu clima, monumentos, a súa fauna... Ata de como as xentes axudan aos sapoconchos a chegar ao océano Pacífico. Amosounos xoguetes típicos e dounos a probar tortillas e nachos con salsa picante!!!!

Como se chegou ata a hora do recreo, moitos alumnos e alumnas se sumaron á degustación.

Moitas grazas David por colaborar con nós!

No hay comentarios: